Os que votaron as indemnizacións de NCG

Comisións Obreiras desvela a cronoloxía de como se argallaron os máis de 40 millóns de indemnizacións que cobraran os directivos que levaron a Caixa Galicia e a Caixanova a rentes da quebra. GC ponlle nome aos protagonistas.

Por Walter Burns | O Irixo | 11/10/2011 | Actualizada ás 03:50

Comparte esta noticia

O Banco de España e a Consellería de Facenda sabían dende polo menos o 18 de outubro de 2010 das elevadísimas primas que blindaban os contratos dos directivos de Caixa Galicia. Así se desprende dunha denuncia pública do sindicato Comisións Obreiras, cun representante no consello de administración desa entidade, e agora no de NCG.

Desmontada a argumentación de Feijóo

O comunicado, remitido en castelán, sinala que “ en el Consejo de Administración de Caixa Galicia, (…) según se indicó dichas propuestas habían sido previamente aprobadas en la Comisión de Retribuciones y Nombramientos (donde no teníamos representación), indicando asimismo que habian sido contrastadas con los asesores de la Caja y se había informado ampliamente al Banco de España, Consellería de Facenda y a la Dirección de Caixanova”.

O sindicato desmonta así as argumentacións do presidente da Xunta. Alberto Nuñez Feijóo pide agora a devolución das escandalosas primas, pero alega que o seu Goberno non ten competencias para supervisar a NCG Banco e que, de feito, descoñecía o volume de tales indemnizacións. Ademais da suposta supervisión da Consellería de Facenda, no Conselo de Administración había polo menos un alcalde do PP.

Que membros de que partidos votaron a favor?

No seu relato, Comisións insiste en que en ningunha das sucesivas reunións dos consellos de administración das caixas votou a prol de tales indemnizacións. Os representantes dos traballadores alegan que reiteradamente pediron coñecer en detalles os contratos dos directivos, acceso que lles foi negado.

Os sindicalistas de CC.OO e o “outro sindicato” (UXT) votaron  en contra ou se abstiveron na aprobación das indemnizacións.  O representante do Concello de Pontevedra (designado por un goberno do BNG) foi o único que os secundou en dúas ocasións

Isto implica que, ademais dos propios directivos, votaron a prol das indemnizacións tanto representantes da Xunta, das deputaciósn e dos concellos militantes do PSOE e do PP, que participaban nos consellos de administración en representación de diversas administracións públicas. 

None

No caso no BNG, a versión de CC.OO.  apunta que o representante do Concello de Pontevedra votou varias veces en contra e a representante do Concello do Porriño, que tamén era membro da comisión de retribucións, a favor.

Pilar Cibrán mantense como representante do Concello do Porriño baixo diferentes gobernos

A filiación política da representante do Concello do Porriño non é nítida. GC e outros medios situaron a Pilar Cibrán na contorna ao Bloque, pero fontes do BNG explican que foi nomeada para ese posto cando gobernaba José Manuel Barros (PP), mantívose cando o BNG gobernou en minoría, seguiu cando os 'populares' derrubaron ao Bloque nunha polémica moción de censura e continúa agora cos conservadores, de novo con maioría absoluta tras as eleccións locais desta primavera. Os nacionalistas argumentan que non a poideron cesar dese posto porque nunca tiveron maioría no Concello e, ademais, Cibrán "ten un perfil técnico" pois en principio non milita en ningún partido. Ademais destacan que cando se decidiron as polémicas indemizacións eles xa non gobernaban no Porriño.

A filiación de Cibrán é moi relevante dende o punto de vista político, pois canda Moreda (PSOE) e directivos das caixas forman a Comisión de Retribucións, que fixou as polémicas indemnizacións. 

Velaquí o relato do momento clave, o 25 de agosto:

25 de Agosto de 2011: Se informa del acogimiento de directivos de la entidad al proceso de prejubilaciones conforme a lo establecido en el pacto laboral de fusión. Se hace saber que el Consejo de Administración de Caixanova aprobó el día 18/10/2010 la “posible concesión a los directivos de una compensación o premio especial por su dedicación y aportación, caso de acceder a la jubilación anticipada o prejubilación, a percibir por una sola vez. Este acuerdo que afecta única y exclusivamente al personal de Caixanova se ha aplicado a 2 directivos de 18 posibles, en ese Consejo se había facultado al Director General para determinar la cuantía y asignación.
Se da cuenta al mismo tiempo de la suscripción del contrato de Alta Dirección acordado en el Consejo de Administración del 01-12-2010, a favor del Sr. García de Paredes; indicando que del mismo se dio traslado a la Comisión de Retribuciones. Indican que por parte del beneficiario de este contrato se ha propuesto una modificación parcial que supone una cesión por su parte de los derechos reconocidos en el contrato de origen.
Por parte de un asesor externo de la empresa, se explica al Consejo de que los contratos de Alta Dirección vigentes tienen por común la facultad de “desistimiento”, a instancias del Directivo y que una de la posibles causas se refiere al cambio en la titularidad jurídica de la empresa, hecho que se producirá tan pronto sea efectivo el traspaso de la actividad financiera a NCG Banco, S.A.
El consejero miembro de Comfia-CCOO, solicitó en primer lugar información sobre que directivos han recibido la compensación o premio especial (NO LE FUE FACILITADA)
Anuncia su VOTO EN CONTRA, a las propuestas realizadas porque considera se tratan de un privilegio sobre las condiciones vigentes para el resto de la plantilla y por carecer de información, desconociendo los términos de los contratos de Alta Dirección, pese a haberlos solicitado en múltiples ocasiones. Acompañan en el sentido del voto el representante del Concello de Pontevedra (BNG) y el otro representante por el sector de personal


Mar Barcón, a única conselleira de NCG que demitiou até o de agora, explicou que no Consello de Administración non se entrou no detalle dos salarios dos directivos, declaración que corrobora a versión de Comisións.

E que cada quen responda do que votou

Por iso Comisións mostra a súa sorpresa ante a postura dos políticos que agora reclaman unha Comisión de Investigación.

“No es de recibo que algunos representantes en los órganos de gobierno se escandalicen ahora de lo que ell@s mism@s han aprobado, haciendo oídos sordos a las solicitudes de @s consejer@s de personal miembros de Comfia-CCOO, mirando en esos momentos para otro lado. Por tanto, exigimos que se inicien las auditorias, investigaciones, controles parlamentarios, comisiones de investigación o lo que se considere, y que se depuren todas las responsabilidades que pudieran existir. Y que cada palo aguante su vela”, conclúe o interesantísmo relato cronolóxico, que pode lerse aquí.

En definitiva, estes son os nomes do Consello de Administración que permitiu as indemnizacións, en cursiva os que votaron en contra ou se abstiveron nalgún intre, segundo Comisións:

NOME – CARGO – REPRESENTANDO A – (PARTIDO POLÍTICO)

  • JULIO FERNANDEZ GAYOSO PRESIDENTE IMPOSITORES
  • MAURO VARELA PEREZ PRESIDENTE ENTIDADES
  • SALVADOR FERNANDEZ MOREDA VICEPRESIDENTE 1o CORPORACIONES  MUNICIPALES (PSOE)
  • GUILLERMO ALONSO JAUDENES VICEPRESIDENTE 2o ENTIDADES
  • ALFONSO PAZ-ANDRADE RODRIGUEZ  VICEPRESIDENTE 3o IMPOSITORES
  • ALFONSO ZULUETA DE HAZ VICEPRESIDENTE 4o IMPOSITORES
  • GONZALO ORTIZ AMOR SECRETARIO CONSEJERO IMPOSITORES
  • PILAR CIBRAN FERRAZ VICESECRETARIO  CONSEJERO  CORPORACIONES  MUNICIPALES (CONCELLO DO PORRIÑO: PP, BNG EN MINORÍA,PP)
  • EDELMIRO MANUEL AÑON REY CONSEJERO IMPOSITORES
  • MARIA DEL MAR BARCON  SANCHEZ  CONSEJERO ENTIDADES (PSOE)
  • JAVIER FRANCISCO CAINZOS  VAZQUEZ  CONSEJERO CORPORACIONES  MUNICIPALES (PP)
  • JOSE GARCIA COSTAS CONSEJERO ENTIDADES
  • JOSE HERVELLA VAZQUEZ CONSEJERO IMPOSITORES
  • JUAN RAMON IGLESIAS ALVAREZ CONSEJERO PERSONAS O ENTIDADES  FUNDADORAS
  • MARIA ANGELES MARRA  DOMINGUEZ  CONSEJERO PERSONAS O ENTIDADES  FUNDADORAS
  • CIPRIANO ELIAS MARTINEZ  ALVAREZ  CONSEJERO CORPORACIONES  MUNICIPALES (PP)
  • FEDERICO MARTINON SANCHEZ CONSEJERO PERSONAS O ENTIDADES  FUNDADORAS
  • ENRIQUE PORTEIRO TUÑAS CONSEJERO ENTIDADES
  • JOSE TABOADA LOPEZ CONSEJERO IMPOSITORES

 

  • MIGUEL ARGONES RODRIGUEZ CONSEJERO EMPLEADOS
  • JOSE LUIS VEIGA LAGE CONSEJERO CORPORACIONES  MUNICIPALES (BNG)
  • JOSE LUIS REGUEIRO VAZQUEZ CONSEJERO EMPLEADOS

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

11 CranioF

"Compensación ou premio especial por su dedicación" MISERABLES, e aos que estamos en paro que nos compense Xesucristo bendito...

1 xan soares

pola súa adicación intensiva e desinteresada a arruinar aos galegos. Vaia lista de impresentables, hainos de tódalas cores.

10 markos

Os comentarios GC estanse a converter nunha corte para mono-lingües galegófobos pptarras.

9 Lucense

Sempre estará Rayleigh, o palanganeiro do BNG para explicar-nos o da Pilarinha esta, quer dizer, de como o BNG (a quem ela representava) deu o seu plácet para esta roubalheira. Estamos esperando impacientes tal justificaçom.

8 Black Crow

Bueno, si tenemos en cuenta la enorme deuda que tiene el bloque con la caja, es normal que los directivos que les dan los créditos les pidan algo a cambio. ¿No? ... por cierto ... el bloque propuso la semana pasada que se comprara el 51% de la caja con cargo a los impuestos de los gallegos ... mimá, que miedo me dan estos comunistas ... casi prefería a los de los gulags.

7 Manolo2

¿Pilar Cibrán del BNG? Tiene tanta pinta de proletaria nacionalista como de esquimal. Considero coherente su indecente comportamiento en lo de las indemnizaciones, viendo su trayectoria. Lo que ya no entiendo es como casa con el ideario marxistizante de la UPG.

1 Manto

dícelo porque non ten bigote? ou porque non leva o cartel de exaltada no pescozo?? manda carallo non recoñer-los nosos.... anda rañala

2 Manolo2

Si, lo digo por eso y por lo demás. Vas por el buen camino