Temas: DEPENDENCIA

As axudas á dependencia aumentan entre un 10% e un 15%

A Xunta destinará un total de 10 millóns de euros anuais ao incremento das contías. .

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/02/2019 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

A Xunta destinará 10 millóns de euros anuais ao incremento das contías á dependencia, cun 10% máis para aquelas persoas que son atendidas por un familiar en casa e un 15% para aquelas con discapacidade que precisan dun asistente.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa visita á residenc. XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa visita á residenc. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Ademais, a subvención concedida aos maiores que necesitan praza nunha residencia aumentará nun 20% no caso das dependencias de grao I e III.

Mentres, a suba será dun 75% para as persoas que se atopan no grao II, segundo precisou a Xunta.

Esta iniciativa busca beneficiar a un total de 19.000 dependentes. Nesta liña, tamén se porán en marcha 30 Casas do Maior, que prestarán un servizo de atención diúrna en municipios de menos de 5.000 habitantes.

Temas: DEPENDENCIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta