Buscan no encoro dos Peares a un home de Melide desaparecido desde o xoves

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2019 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

As forzas de seguridade buscan a un home duns 40 anos de idade e natural de Melide (A Coruña) no encoro dos Peareas desaparecido desde este xoves.

Segundo informan fontes da Policía Local de Chantada (Lugo), trabállase coa hipótese de que o home caería ao río Miño desde a praia fluvial da Cova, no municipio de Escairón, que é o último lugar no que deu sinal o seu teléfono móbil.

Desde este venres traballan no operativo a Garda Civil e a Policía Nacional, ademais de drones e o Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Xa este sábado sumáronse os axentes locais e Protección Civil.

Ademais, as fontes da Policía Local consultadas apuntan que o coche do home trátase dun Citroën AX negro do que tampouco se ten constancia.

O Miño e o Sil atópanse en Os Peares
O Miño e o Sil atópanse en Os Peares

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta