GC Aberto

A UPG non logra que Sermos Galiza publique un semanario este ano

Sermos Galiza, a plataforma cidadá montada pola Unión do Povo Galego (UPG), para lanzar un medio propio incumplirá o seu compromiso de lanzar un semanario en papel e un diario dixital este ano. Febreiro e o prazo máis realista que manexan arestora os dirixentes deste partido, que domina o autonomista Bloque Nacionalista Galego.

Por miguelbouzada | GC ABERTO | 18/10/2011

Comparte esta noticia

(Nota da redacción de Galicia Confidencial: O artigo que se reproduce a continuación foi enviado por un lector ao GC Aberto, como antes o fixo ao Indymedia. En ningún caso reflicte as opinións do equipo de GC sobre o proxecto Sermos Galiza. Todos os artigos enviados ao GC Aberto publícanse tal cual, sempre cuxa autoría estea debidamente rexistrada e non viole ningúnha norma legal. O equipo de GC desexa a Sermos Galiza a mellor das sortes no lanzamento dun novo medio en galego, un proxecto do que no seu momento informamos. Agardamos poder volver a informar o máis pronto posíbel do nacemento do diario dixital e do semanario que promove Sermos Galiza e de calquera outra voz que enriqueza o panorama mediático galego.)


O motivo do atraso é a escasa resposta á subscripción popular de accións. Sermos Galiza contaba con que 3.000 persoas mercaran accións por 100 euros para afrontar o lanzamento do medio. Agora mesmo hai menos de 60 persoas no grupo do Facebook "Eu tamén son accionista de Sermos Galiza".

Como pode comprobar calquera que leve algúns anos militando no nacionalismo, a práctica totalidade dos supostos compradores de accións de Sermos Galiza son coñecidos militantes da UPG.

A escasa resposta popular empurrou a UPG a organizar charlas en varias vilas, relatorios que sempre foron organizados por asociacións culturais da Federación Galiza Cultura (que preside García Negro, militante da UPG), con escasa actividade e que en realidade non son máis que a versión "cultural" da UPG.

A alternativa barallada pola UPG para salvar a iniciativa é facer invertir cartos aos afiliados e á propia CIG, central na que a UPG tamén é maioritaria. O sindicato xa comezou a facer propaganda deste medio a través da súa web e pronto remitirá unha petición de axuda aos seus afiliados.

Outro dos motivos do atraso é a falta dun proxecto xornalístico claro. Ningún do grupo de promotores de Sermos Galiza é xornalista.

O motivo último é que, unha vez reunidos os cartos, a UPG imporá o equipo de dirección. Arestora o nome que ten máis papeletas é o de Alfonso Eiré, ex-director do recén extinto A Nosa Terra, semanario que tamén foi durante moitos anos voceiro da UPG até que este partido permitiu que se malvendese á construtora Grupo San José, que acaba de cerralo igual que Xornal de Galicia.

Na carreira por facerse co control do espazo mediático do nacionalismo a UPG non reparou nin en utilizar como banco a Novacaixagalicia, próximo á quebra despois das millonarias indemnizacións que recibiron os seus directivos.

No probable caso de non lograr sumar os 3.000 accionistas necesarios, a UPG tirará dos aforros da CIG para montar un diario dixital similar ao defunto GZnación, financiado mediante contratas a dedo durante o bipartito a través da empresa Carrumeiro Media. Os dominios do xornal xa están rexistrados por Néstor Rego, ex-líder da UPG en Compostela.

O obxectivo último é impedir que se consoliden algunha das alternativas xornalísticas que están montando outras corrientes do Bloque , en particular, ex-militantes coruñeses da fronte (Filipe Diez, Carlos Amoedo.) Asemade, búscase limitar a consolidación como referente do nacionalismo dos medios cuxas líneas editorias si defenden un soberanismo real.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

33 Cidre

Teresa Moure, Xurxo Souto e Marga Lorenzo non son, nin máis nin menos, que as faces coñecidas e sen vínculo orgánico coa UPG que ésta utiliza para captar adeptos ao seu proxecto. Nin Xurxo, nin Marga, nin Teresa cortan ni pinchan nada, sacando a súa boa intención. Las cosas claras.

32 Eusoneu

Teresa Moure é unha escritora de referencia. Xurxo Souto é un comunicador de referencia, e de UPG ten ben pouco. Freixeiro Mato é un referente da lingüística galega. Danlle moita credibilidade ao proxecto. E contarán co meu apoio. Todos os nomes e correntes alternativas dos que fala carecen da entidade, a proxección e a credibilidade necesarios para cubrir ese espazo baleiro que tantos botamos en falta ver cuberto. O que escribíu a trapallada de enriba desvaría. Ben sexa porque algo espera pescar a base de desvaríos, como a xente do PP que entra en trance en época preelectoral, ou ben porque a vida é dura e simplemente desvaría.

31 xosé

Eu merquei catro accións e non son da UPG (mais ben anti...) e non milito no BNG....ou sexa que este tal Bouzada perde aceite a chorros...Este pais está inzado de tocabolas de cafetaria (moito ir a manifestacións pero despois non soltar un peso apra a causa..) que disfruta coa desgraza do proprietario da leira do lado mentres os latifundistas (léa-se PPPSOE e Cía) se fan con toda a colleita...E así nos vai con tanto apirolado entre as fileiras soberanistas...: o paradigma dese oligofrenismo nacionalista galego é o caphta (ou como cona se chame) que se gastan os de Galiza Confidencial...(que ainda teñen o morro de dar consellos de seminarista sobre urbanidade). Por min podedes ir a tocarvo-la a Coimbra...

1 María

Eu, que non son o Xosé, vou con frecuencia de copas a un local de ambiente... Gosto do lugar, da música e non teño prexuizos. Non son gay, pero sei o que hai, e cando me preguntan se entendo... sei o que debo respostar. Igualmente recoñezo que a maioría -ampla e numerosa- pertence á causa. Mais esa non é a miña causa. E nunca sería tan atrevido como para dicer que por estar eu e un par de colegas máis presentes, e por ser cliente, xa non é un local homosexual. Entendes?

2 jasús

eu que non son xose, nin maria, nin son accionista de locais de ambiente nin omosexuá, nin mesturo alhos con bogalhos, nin entendo case de nada, opino que sobra samba e falta trabalho.. marot@s hai na mesma proporción na upg, na praza de abastos ou no "local homosexual" e ise é o tema: satanizar á UPG só delata a quen o fai.

3 a pomba

Pois podías dicer o mesmo se quen o promove é o PP, os seus amigos empresarios (El Correo Gallego no caso de Galicia Hoxe, apostar por El Progreso con De Luns a Venres), se o que che interesa de verdade é a prensa en galego. O de libre é outra cousa. Ou é que para axoenllarse e baixar as calzas diferenciamos se teñen pedigree e cartón da UPG coa súa secta pechada e clientelar do caciquil PP? E que como xa esquecemos o que pasou con ANT, como controlou e levou a UPG á desfeita vergoñenta con traballadores, asalariados, colaboradores e accionistas, para chegar cun proxecto novo no que se repiten as mesmas caras? Ainda non enfriou o morto de ANT, e non deixastes de chorar polo GZ-Nación de Carrumeiro, para que veñades coa inocencia da UPG!

30 Cidre

Outro revés para a UPG. Non ganan para desgustos. A época dourada enganando a todo dios remata. agora cobran, como cobrou Stalin. Teñen que retrasar o seu voceiro. O Encontro Irmandiño declara a guerra antes das Eleccións. Converxencia XXI preséntase en todo o páis, xa non todo o voto galeguista-nacionalista galego caerá nas alforxas do BNG-UPG. Seguen producíndose baixas na organización, este mes nas comarcas de Compostela, Salnés, Pontevedra. Xa non celebran actos nos campos de 1ª División (Palacio de Congresos, Pavillóns deportivos, no último Consello Nacional, segundo a prensa e non desmentido polo BNG, asistiron pouco máis de 60 membros(1/3 xa pasa)....

29 Paulo

Que lixo! Así non ides a ningures, Galiciaconfidencial.