GC Aberto

A UPG non logra que Sermos Galiza publique un semanario este ano

Sermos Galiza, a plataforma cidadá montada pola Unión do Povo Galego (UPG), para lanzar un medio propio incumplirá o seu compromiso de lanzar un semanario en papel e un diario dixital este ano. Febreiro e o prazo máis realista que manexan arestora os dirixentes deste partido, que domina o autonomista Bloque Nacionalista Galego.

Por miguelbouzada | GC ABERTO | 18/10/2011

Comparte esta noticia

(Nota da redacción de Galicia Confidencial: O artigo que se reproduce a continuación foi enviado por un lector ao GC Aberto, como antes o fixo ao Indymedia. En ningún caso reflicte as opinións do equipo de GC sobre o proxecto Sermos Galiza. Todos os artigos enviados ao GC Aberto publícanse tal cual, sempre cuxa autoría estea debidamente rexistrada e non viole ningúnha norma legal. O equipo de GC desexa a Sermos Galiza a mellor das sortes no lanzamento dun novo medio en galego, un proxecto do que no seu momento informamos. Agardamos poder volver a informar o máis pronto posíbel do nacemento do diario dixital e do semanario que promove Sermos Galiza e de calquera outra voz que enriqueza o panorama mediático galego.)


O motivo do atraso é a escasa resposta á subscripción popular de accións. Sermos Galiza contaba con que 3.000 persoas mercaran accións por 100 euros para afrontar o lanzamento do medio. Agora mesmo hai menos de 60 persoas no grupo do Facebook "Eu tamén son accionista de Sermos Galiza".

Como pode comprobar calquera que leve algúns anos militando no nacionalismo, a práctica totalidade dos supostos compradores de accións de Sermos Galiza son coñecidos militantes da UPG.

A escasa resposta popular empurrou a UPG a organizar charlas en varias vilas, relatorios que sempre foron organizados por asociacións culturais da Federación Galiza Cultura (que preside García Negro, militante da UPG), con escasa actividade e que en realidade non son máis que a versión "cultural" da UPG.

A alternativa barallada pola UPG para salvar a iniciativa é facer invertir cartos aos afiliados e á propia CIG, central na que a UPG tamén é maioritaria. O sindicato xa comezou a facer propaganda deste medio a través da súa web e pronto remitirá unha petición de axuda aos seus afiliados.

Outro dos motivos do atraso é a falta dun proxecto xornalístico claro. Ningún do grupo de promotores de Sermos Galiza é xornalista.

O motivo último é que, unha vez reunidos os cartos, a UPG imporá o equipo de dirección. Arestora o nome que ten máis papeletas é o de Alfonso Eiré, ex-director do recén extinto A Nosa Terra, semanario que tamén foi durante moitos anos voceiro da UPG até que este partido permitiu que se malvendese á construtora Grupo San José, que acaba de cerralo igual que Xornal de Galicia.

Na carreira por facerse co control do espazo mediático do nacionalismo a UPG non reparou nin en utilizar como banco a Novacaixagalicia, próximo á quebra despois das millonarias indemnizacións que recibiron os seus directivos.

No probable caso de non lograr sumar os 3.000 accionistas necesarios, a UPG tirará dos aforros da CIG para montar un diario dixital similar ao defunto GZnación, financiado mediante contratas a dedo durante o bipartito a través da empresa Carrumeiro Media. Os dominios do xornal xa están rexistrados por Néstor Rego, ex-líder da UPG en Compostela.

O obxectivo último é impedir que se consoliden algunha das alternativas xornalísticas que están montando outras corrientes do Bloque , en particular, ex-militantes coruñeses da fronte (Filipe Diez, Carlos Amoedo.) Asemade, búscase limitar a consolidación como referente do nacionalismo dos medios cuxas líneas editorias si defenden un soberanismo real.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

28 arteixán

Canta mágoa dá ter que ler todo isto e, o peor, que moitos dos comentarios evidencien que si hai, tristemente, quen desde dentro da propia casa desexa simplemente o naufraxio! Necesaria e oportuna a precisión da redacción de GC e exquisito o comportamento das e dos promotores do proxecto de Sermos Galiza por non entraren ao engado deste tipo de infundios inzados de mal perder.

27 Luis

Alfonso Eiré, na UPG? Non estaba nos negocios con Dorribo e algún outro que non tardará en sair? Donde foron parar os locais en propiedade de ANT na rúa de Principe en Vigo. Pero a UPG pode criticar a mafiosos, empresarios reaccionários, neoliberais de extrema dereita e ter a ese elemento entre os seus militantes. Non ten nada que decir o BNG?

26 trecola

Que van a volver a abrir Galicia Nación? Volve Carrumeiro?

25 Cidre

Todo o aquí escrito, simplemente é certo, e non pasa nada. A UPG ten lexitimidade para parir un brazo mediático. Ista ralentización pasa polo seguinte: a base militante do BNG xa non fai caso da frauta que toca o partido patriótico comunista galego.A UPG decidiu utilizar todos os resortes: CIG, as asociacións culturais súas e os organismos do BNG, Consellos Comarcais...para enganchar pasta. A resposta é clara: faga o que faga a UPG,unha parte moi importante da militancia pasa olimpicamente deles.Isto,hai 8 anos, non pasaba. En canto a influenza social e penetración,que poda ter o seu brazo comunicativo, en sectores sociais fóra do nacionalismo...é nulo. Por tanto,iso non val para nada. É o fracaso, antes de nacer, feito realidade.Produtos de autoconsumo non son necesarios, grazas. Galicia Confidencial terá, en min, un subscritor máis este mes. Liberdade dunha vez!!!! O galeguismo non é propiedade da UPG.

1 Histriónico

Liberdade! Liberdade! Que non saia adiante o proxecto que non me gusta, que me encadean!

24 Nonentendo

¿Cales das afirmacións-opinións que fai Miguel Bouzada son falsas? ¿E a quen lle importa? Dame pena que GC teña que andar a desculparse tanto. É un puñeteiro artigo nunha sección feita polos lectores, se fose unha nova estaría en portada como cando se promocionou a nota da escultura do Parlamento que foi para o vertedoiro. Pero claro, metese cun grupo intocable. Pois igual que parece que Sermos Galicia gaña socios por esta nova, GC acaba de gañar un subscriptor a GCPLUS. No te jode! Vaia trolls! non sei quen vos vai ler.

1 Tampoucoentendo

Intocable, si, se é o deporte nacional dos catro gatos de sempre difamalo con mentiras a cada unha máis noxenta.

2 Sobranentendidos

Unha mágoa que entre os ducia e media de obedientes á UPG que comentades o voso malestar por aquí non sexades capaces de contrrarestar unha soa das "mentiras" que anota o autor do artigo. Será que non tedes o guión? Moito ruido para despistar e nada que argumentar?