GC Aberto

A UPG non logra que Sermos Galiza publique un semanario este ano

Sermos Galiza, a plataforma cidadá montada pola Unión do Povo Galego (UPG), para lanzar un medio propio incumplirá o seu compromiso de lanzar un semanario en papel e un diario dixital este ano. Febreiro e o prazo máis realista que manexan arestora os dirixentes deste partido, que domina o autonomista Bloque Nacionalista Galego.

Por miguelbouzada | GC ABERTO | 18/10/2011

Comparte esta noticia

(Nota da redacción de Galicia Confidencial: O artigo que se reproduce a continuación foi enviado por un lector ao GC Aberto, como antes o fixo ao Indymedia. En ningún caso reflicte as opinións do equipo de GC sobre o proxecto Sermos Galiza. Todos os artigos enviados ao GC Aberto publícanse tal cual, sempre cuxa autoría estea debidamente rexistrada e non viole ningúnha norma legal. O equipo de GC desexa a Sermos Galiza a mellor das sortes no lanzamento dun novo medio en galego, un proxecto do que no seu momento informamos. Agardamos poder volver a informar o máis pronto posíbel do nacemento do diario dixital e do semanario que promove Sermos Galiza e de calquera outra voz que enriqueza o panorama mediático galego.)


O motivo do atraso é a escasa resposta á subscripción popular de accións. Sermos Galiza contaba con que 3.000 persoas mercaran accións por 100 euros para afrontar o lanzamento do medio. Agora mesmo hai menos de 60 persoas no grupo do Facebook "Eu tamén son accionista de Sermos Galiza".

Como pode comprobar calquera que leve algúns anos militando no nacionalismo, a práctica totalidade dos supostos compradores de accións de Sermos Galiza son coñecidos militantes da UPG.

A escasa resposta popular empurrou a UPG a organizar charlas en varias vilas, relatorios que sempre foron organizados por asociacións culturais da Federación Galiza Cultura (que preside García Negro, militante da UPG), con escasa actividade e que en realidade non son máis que a versión "cultural" da UPG.

A alternativa barallada pola UPG para salvar a iniciativa é facer invertir cartos aos afiliados e á propia CIG, central na que a UPG tamén é maioritaria. O sindicato xa comezou a facer propaganda deste medio a través da súa web e pronto remitirá unha petición de axuda aos seus afiliados.

Outro dos motivos do atraso é a falta dun proxecto xornalístico claro. Ningún do grupo de promotores de Sermos Galiza é xornalista.

O motivo último é que, unha vez reunidos os cartos, a UPG imporá o equipo de dirección. Arestora o nome que ten máis papeletas é o de Alfonso Eiré, ex-director do recén extinto A Nosa Terra, semanario que tamén foi durante moitos anos voceiro da UPG até que este partido permitiu que se malvendese á construtora Grupo San José, que acaba de cerralo igual que Xornal de Galicia.

Na carreira por facerse co control do espazo mediático do nacionalismo a UPG non reparou nin en utilizar como banco a Novacaixagalicia, próximo á quebra despois das millonarias indemnizacións que recibiron os seus directivos.

No probable caso de non lograr sumar os 3.000 accionistas necesarios, a UPG tirará dos aforros da CIG para montar un diario dixital similar ao defunto GZnación, financiado mediante contratas a dedo durante o bipartito a través da empresa Carrumeiro Media. Os dominios do xornal xa están rexistrados por Néstor Rego, ex-líder da UPG en Compostela.

O obxectivo último é impedir que se consoliden algunha das alternativas xornalísticas que están montando outras corrientes do Bloque , en particular, ex-militantes coruñeses da fronte (Filipe Diez, Carlos Amoedo.) Asemade, búscase limitar a consolidación como referente do nacionalismo dos medios cuxas líneas editorias si defenden un soberanismo real.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

23 Manuel Rodis

Con "xornalismo" coma este que facedes, non ides chegar moi lonxe. Vides de facer que tome partido e me decida a comprar accións de SERMOS GALIZA. Grazas por axudarme.

1 Sermos Upg

O Partido xa o tiñas tomado. De nada.

2 Andrés López

O outro día pasoulle o mesmo a outro medio pequeniño cunha nota que sacou na que denunciaba a manipulación de Bng e sindicatos en Mondoñedo coa manifestación do 15O. En canto algo non convén ou sona moi mal a unha ideoloxía, o que se fai non é "xornalismo". E de contado vén o monifate de turno a dicir "un lector menos". Non se dá conta de que o asunto é o que se conta, non quen o conta, na maioría dos casos. Matar ao mensaxeiro se o mensaxeiro trae novas que non me gustan. Iso é o que entenden algúns por xornalismo. Ánimo, GC, ides polo bo camiño, polo único que se pode seguir: liberdade sen orelleiras.

22 Outel

Eu nom milito em nenhum partido (o qual me parece moi honoravel) mais som accionista de Sermos Galiza. Suponho que tenho dereito a que o autor deste escrito e de CG que o difunde se disculpe por meter-nos a todos num mesmo saco e insultando-nos aludindo e pretendendo insultar aos probes inocentes que caimos nesta trampa. Do contrario teremos dereito a pensarmos que GC esta tentando boicotear o projecto de Sermos Galiza com burdas manobras proprias dos mais misseraveis manipuladores mediaticos. Agardo que ainda fique um pouco de dignidade para rectificar parte do dano ja caussado. Atentamente.

1 liberdade ou dogma

Eu tamén agardo que algúns dos figurantes do Sermos Galiza den explicacións aos inocentes que aportamos para ANT. Polo demais poñédevos de acordo, pois semella que tedes publicidade gratuita e funciona (o de enriba e algún de baixo caeron na rede, levantade que xa tedes para unha merenda). E que non entredes nos argumentos faime sospeitar que non sodes tan inocentes, sobre todo cando o autor da a cara e os presuntamente magoados pretendedes calar ao discrepante simplemente por non ir no voso carro.

21 Cidre

Todo o aquí escrito, simplemente é certo, e non pasa nada. A UPG ten lexitimidade para parir un brazo mediático. Ista ralentización pasa polo seguinte: a base militante do BNG xa non fai caso da frauta que toca o partido patriótico comunista galego.A UPG decidiu utilizar todos os resortes: CIG, as asociacións culturais súas e os organismos do BNG, Consellos Comarcais...para enganchar pasta. A resposta é clara: faga o que faga a UPG,unha parte moi importante da militancia pasa olimpicamente deles.Isto,hai 8 anos, non pasaba. En canto a influenza social e penetración,que poda ter o seu brazo comunicativo, en sectores sociais fóra do nacionalismo...é nulo. Por tanto,iso non val para nada. É o fracaso, antes de nacer, feito realidade, nun País onde a realidade é outra e cada vez máis fodida para o galeguismo. Produtos de autoconsumo non son necesarios, grazas.

1 xd3g

Se fose así como dis, nos perdías o Tempo en intoxicar.

20 laia

Pois xa vexo! O artigo canta claro o que ninguén se atreveu a decir! E vese que a UPG sigue GC pois están os trolls upegaios decindo...eu non volto a entrar aqui. Seguro que asexan cada media hora a nova esta! En fin...o artigo di o que di! O que se ve claramente. Na campaña de Sermos Galiza o que se explica é::::"queremos cartos"! O proxecto acaparado pola Moure e resto de UPG! En fin...ogallá vaia ben ese proxecto...pero que o pague a UPG!!!

19 Akribéstaton

Se qualquer um se atém às mensagens no indymedia e neste mesmo fio pode facilmente inferir que o nacionalismo e/ou o soberanismo galegos se reduzem à uma mixórdia de obscurantismo e sectarismo. Bom, olhando para a [ssshhhiiit] de país que temos poderia inferir exatamente o mesmo.