GC Aberto

A UPG non logra que Sermos Galiza publique un semanario este ano

Sermos Galiza, a plataforma cidadá montada pola Unión do Povo Galego (UPG), para lanzar un medio propio incumplirá o seu compromiso de lanzar un semanario en papel e un diario dixital este ano. Febreiro e o prazo máis realista que manexan arestora os dirixentes deste partido, que domina o autonomista Bloque Nacionalista Galego.

Por miguelbouzada | GC ABERTO | 18/10/2011

Comparte esta noticia

(Nota da redacción de Galicia Confidencial: O artigo que se reproduce a continuación foi enviado por un lector ao GC Aberto, como antes o fixo ao Indymedia. En ningún caso reflicte as opinións do equipo de GC sobre o proxecto Sermos Galiza. Todos os artigos enviados ao GC Aberto publícanse tal cual, sempre cuxa autoría estea debidamente rexistrada e non viole ningúnha norma legal. O equipo de GC desexa a Sermos Galiza a mellor das sortes no lanzamento dun novo medio en galego, un proxecto do que no seu momento informamos. Agardamos poder volver a informar o máis pronto posíbel do nacemento do diario dixital e do semanario que promove Sermos Galiza e de calquera outra voz que enriqueza o panorama mediático galego.)


O motivo do atraso é a escasa resposta á subscripción popular de accións. Sermos Galiza contaba con que 3.000 persoas mercaran accións por 100 euros para afrontar o lanzamento do medio. Agora mesmo hai menos de 60 persoas no grupo do Facebook "Eu tamén son accionista de Sermos Galiza".

Como pode comprobar calquera que leve algúns anos militando no nacionalismo, a práctica totalidade dos supostos compradores de accións de Sermos Galiza son coñecidos militantes da UPG.

A escasa resposta popular empurrou a UPG a organizar charlas en varias vilas, relatorios que sempre foron organizados por asociacións culturais da Federación Galiza Cultura (que preside García Negro, militante da UPG), con escasa actividade e que en realidade non son máis que a versión "cultural" da UPG.

A alternativa barallada pola UPG para salvar a iniciativa é facer invertir cartos aos afiliados e á propia CIG, central na que a UPG tamén é maioritaria. O sindicato xa comezou a facer propaganda deste medio a través da súa web e pronto remitirá unha petición de axuda aos seus afiliados.

Outro dos motivos do atraso é a falta dun proxecto xornalístico claro. Ningún do grupo de promotores de Sermos Galiza é xornalista.

O motivo último é que, unha vez reunidos os cartos, a UPG imporá o equipo de dirección. Arestora o nome que ten máis papeletas é o de Alfonso Eiré, ex-director do recén extinto A Nosa Terra, semanario que tamén foi durante moitos anos voceiro da UPG até que este partido permitiu que se malvendese á construtora Grupo San José, que acaba de cerralo igual que Xornal de Galicia.

Na carreira por facerse co control do espazo mediático do nacionalismo a UPG non reparou nin en utilizar como banco a Novacaixagalicia, próximo á quebra despois das millonarias indemnizacións que recibiron os seus directivos.

No probable caso de non lograr sumar os 3.000 accionistas necesarios, a UPG tirará dos aforros da CIG para montar un diario dixital similar ao defunto GZnación, financiado mediante contratas a dedo durante o bipartito a través da empresa Carrumeiro Media. Os dominios do xornal xa están rexistrados por Néstor Rego, ex-líder da UPG en Compostela.

O obxectivo último é impedir que se consoliden algunha das alternativas xornalísticas que están montando outras corrientes do Bloque , en particular, ex-militantes coruñeses da fronte (Filipe Diez, Carlos Amoedo.) Asemade, búscase limitar a consolidación como referente do nacionalismo dos medios cuxas líneas editorias si defenden un soberanismo real.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

18 markos

Pero que clase de filtro tedes???? Por deus.

17 Paco R.

Moi ben rapaces, seguide así: matade ao mensaxeiro e ao medio. E non entredes nos argumentos, iso mellor non removelo: se despretixiamos ao opinador e a GC xa conseguimos despistar aos posibles accionistas do Sermos Galiza e a controlar o pucheiro.

1 Bautista A.

O Pucheiro, por que diría Pucheiro? Eu penso que xa teño escoitado ese nome antes e tamén o das accións repartidas pola nosa terra entre os benintencionados patriotas, ou soñeino ou pasou, serán os anos...

16 Galicia Confidencial

Repetimos de novo o EVIDENTE. Isto é un artigo enviado ao GC Aberto por un lector, que ante mandou ao Indymedia http://prod.galiza.indymedia.org/gz..., non un artigo da redacción do GC. O GC aberto é un servizo que ten coma obxectivo que colectivos e cidadáns se expresen libremente. Gustaríanos que algúns lectores respecten a liberdade de opinión doutros lectores que utilizan esta vía para expresarse. Non consideramos que haxa que censuralo só por expresar unha opinión, gústenos ou non. Non é a nosa filosofía. Un saúdo e gracias polas crícitas

1 Trolas de troll

U-lo límite? Cantas trolas por metro cadrado aceptades? Esto é un niño de trolls...

2 pelengrin

"Quen parte e reparte, lévase a mellor parte" GC non o escribiu, pero si o elixiu. Será que interesa publicar só o que coincide na dirección da liña editorial/persoal de Xurxo Salgado, aínda que sexa "bazofia"?

3 Paspán

"Quen parte e reparte, lévase a mellor parte" GC non o escribiu, pero si o elixiu. Será que interesa publicar só o que coincide na dirección da liña editorial/persoal do Director, aínda que sexa "bazofia"?

4 pelengrinpaspaneoutrasaves

Será que precisamos censura previa? Viva a liberdade ben entendida que nos ofrecen os lacaios da UPG!

5 Farto xa

Xa, como se vós non andásedes todo o día co conto "militante da UPG", a UPG isto, a UPG aquilo. Despois vos queixades de incontrolados. Estades no dereito a censurar ou non o que querirades, eu non volo pedin. Pero tampouco vos darei cartos.

15 aaaaaaag

Menudo lixo de xornalismo facedes os de GC. Quítovos dos marcadores. Sodes peores que La Coz de La Colonia.

14 Pesadiños

E no fondo alégrame que aparezan publicados artigos-trola coma este, demostra moi ben a calidade xornalística de algúns. Moita sorte no voso xornalismo profesional aberto e todo iso, GC, de verdade, pero comigo non contedes.