Seguen os movementos que afectan a Galicia nas grandes esferas financeiras

Liberbank vende a Corsair o seu 5,67% no grupo de autoestradas Itínere. O fondo volve superar a Globalvía como primeiro socio da concesionaria á espera da venda de Sacyr

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/02/2019 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Liberbank vendeu a participación do 5,67% que tiña en Itínere ao fondo Corsair que, desta forma, eleva ata o 43,6% a súa participación na compañía de autoestradas e volve situarse como o seu primeiro accionista por diante de Globalvía, que ten unha participación do 40,1%.

A transacción desta participación, que o banco xa tiña acordada co fondo, ten lugar no medio da 'batalla' aberta entre Corsair e Globalvía para facerse co control de Itínere, o segundo operador de autoestradas de España. Esta poxa queda agora pendente de quen logre facerse coa porcentaxe do 15,5% que Sacyr ten en Itínere, unha operación que está pendente dun contencioso nos tribunais.

Autoestrada AP-9 Ferrol-fronteira portuguesa
Autoestrada AP-9 Ferrol-fronteira portuguesa

Itínere Infraestructuras, S.A. é uno dos principales xestores de infraestructuras españoles. Posee actualmente 7 concesións de autopistas que suman un total de 612 km, sendo máis da metade deles en Galicia e sendo Autopistas del Atlántico, unha das que máis beneficios lle reporta. Tal e como xa publicou GC, e tendo en conta a proxección de ingresos, esta compañía gañaría ata o final da concesión, no 2048 uns 6.119 millóns, case cinco veces máis do que custou facer a infraestrutura.

Na actualidade, a transacción de Sacyr está bloqueada polas medidas cautelares impostas polo proceso de arbitraxe aberta en Madrid a petición de Globalvía. Este grupo de concesións solicitou ditas cautelares ao ser levantadas as previamente impostas por un Xulgado do Mercantil.

DECISIÓN NOS PRÓXIMOS DÍAS

No entanto, prevese que o órgano de arbitraxe decida "nos próximos días" sobre estas medidas cautelares, segundo informaron a Europa Press en fontes ao tanto da operación. Polo momento, con esta transacción, Liberbank, que traballa na súa fusión con Unicaja en tanto recibira unha proposta de Abanca actualmente retirada, sae de Itínere.

Liberbank pechou a venda, que tamén supón traspasar 638 bonos convertibles, por un importe de 77 millóns de euros, que xerou un impacto positivo de 7,3 millóns na entidade financeira, segundo notificou á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

BATALLA POR ITÍNERE

O contencioso aberto entre Corsair e Globalvía polo control de Itínere parte do acordo inicialmente alcanzado en xullo de 2018 por esta compañía que dirixe Juan Béjar con Sacyr, KuxtaBank e Abanca para comprar as participacións do 55,6% que os bancos e a construtora sumaban en Itínere.

No entanto, Corsair, como primeiro accionista da compañía de autoestradas, exerceu o seu dereito a igualar a oferta, pero só a dirixiu a Sacyr e non ao resto de socios. Este feito levou a Globalvía a recorrer aos tribunais esa proposta e solicitar cautelares contra a mesma, unha iniciativa que imitou o fondo estranxeiro, o que deixou a Sacyr e a súa participación en Itínere no medio da 'batalla' entre as dúas compañías, ambas controladas por fondos estranxeiros.

Na actualidade, Globalvía conta cun 40,1% do capital de Itínere tendo en conta que hai uns meses logrou pechar a compra das participacións do 23,8% e o 16,3% que tiñan Abanca e KutxaBank. Do seu lado, Corsair elevou a súa posición ao 43,6% tras pechar a compra da porcentaxe de Liberbank.

Itínere é a sociedade que xestiona seis autoestradas do Norte de España, que suman uns 600 quilómetros de lonxitude. Entre elas xa non figura a AP-1 Burgos-Armiñón, dado que o pasado 30 de novembro converteuse na primeira vía que revertió ao Estado e levantou a súa peaxe ao concluír o seu contrato de concesión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta