Avalancha de críticas a Abanca nas redes sociais polos seus problemas técnicos

A pesar de que a entidade asegura que traballa para solucionar as incidencias, crece o malestar dos usuarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Os pagos en liña de Abanca continúan sen funcionar durante a mañá deste mércores, o que está a provocar malestar entre os clientes da entidade financeira, que se queixan desta situación a través das redes sociais.

"Imposible entrar á área cliente a través da web ou app, xusto o día de cobro de nómina e pago de alugueiro e/ou recibos. Estivo ben decatarme desta 'crise' por unha mensaxe vía móbil ou mail e non ter que entrar expresamente a Twitter", sinala unha das usuarias.

E é que Twitter foi a vía utilizada por Abanca para informar, tanto na noite do martes da "incidencia" que afectou a caixeiros e oficinas, como na mañá do mércores da volta á normalidade nestes dous ámbitos. Fontes da empresa apuntaban que a maior parte dos servizos xa están en funcionamento.

A través desta vía anunciou que segue traballando para recuperar "a funcionalidade do resto dos servizos", comentario ao que seguen críticas como a que refire unha clienta que está fóra de España. "O meu cartón non funciona nin en caixeiros nin en tendas, non teño diñeiro en efectivo!! Mañá sae o meu avión e teño que pagar a facturación das miñas maletas, como fago???", pregúntase.

Outras censuras veñen das persoas que, desde as 12,00 horas deste mércores, tentan comprar un abono para o festival de música O Son do Camiño (saían á venda nese momento). "A banca móbil segue sen ir.... Paréceme incrible que hoxe se tarde tanto en arranxar un fallo técnico... E mentres os que queremos comprar entradas para O son do Camiño que?? Non dades solucións... FLIPANTE", lamenta outra usuaria.

Os pagos en liña de Abanca seguen sen funcionar e crece o malestar dos usuar. CAPTURA
Os pagos en liña de Abanca seguen sen funcionar e crece o malestar dos usuar. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ciao

Do de implementar o uso do galego en todo o banco falamos outro día...