A Xunta destaca o traballo de mediación do Consello Galego de Relacións Laborais nos últimos trinta anos

O conselleiro Francisco Conde afirmou que o diálogo e o consenso son agora "máis necesarios que nunca" para proseguir no debate construtivo e dar resposta aos novos modelos de traballo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo en valor o traballo de mediación realizado polo Consello Galego de Relacións Laborais nos últimos 30 anos e apelou a continuar por esta vía de diálogo para converter en oportunidades os novos retos do emprego que vén.

No acto de celebración deste 30 aniversario celebrado en Santiago de Compostela, o conselleiro destacou que estes últimos 30 anos foron "moi frutíferos" para o avance do mercado laboral en Galicia e destacou que a estabilidade institucional e o crecemento económico é un "logro colectivo" e proba de que as organizacións sindicais e empresariais sentan, negocian e acordan.

Neste sentido, puxo en valor o traballo desempeñado por todos os presidentes do Consello e dos tres homenaxeados, tres dos grandes impulsores deste organismo: María Emilia Casas, Carlos Domenech de Aspe e Javier Gárate Castro.

Na súa intervención, o conselleiro afirmou que o diálogo e o consenso son agora "máis necesarios que nunca" para proseguir no debate construtivo e dar resposta aos novos modelos de traballo, as políticas de emprego e relacionais laborais baseadas nos cambios tecnolóxicos, económicos e sociais.

RETOS DE FUTURO

Así, apuntou como novos retos o emprego de futuro da man da dixitalización, a igualdade efectiva entre homes e mulleres, a creación dun emprego estable e de calidade, a inclusión das persoas vulnerables e a flexibilidade e a conciliación.

Francisco Conde tamén puxo en valor o labor do Consello Galego de Relacións Laborais para promover o acordo e impulsar o diálogo social e a negociación colectiva, sempre adaptándose ás circunstancias de cada momento, agradecendo, ademais, o asesoramento ofrecido á Administración autonómica en materia laboral.

Deste xeito, destacou as máis de 1.300 reunións de comisións negociadoras celebradas no seo deste organismo nos últimos 30 anos, das que se beneficiaron 116.000 traballadores que formaban parte dos convenios colectivos negociados e asinados.

Ademais, tamén se referiu a os 988 ditames emitidos e á firma do Primeiro Acordo Interprofesional de Galicia, que deu lugar a 1.357 procedementos de mediación e arbitraxe xestionados, dos que 885 foron resoltos con acordo en case o 80% dos casos.

A Xunta apela ao diálogo mostrado nos últimos 30 anos polo Consello Galego. XUNTA
A Xunta apela ao diálogo mostrado nos últimos 30 anos polo Consello Galego. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta