600 traballadores fixos descontinuos contra o lume incorpóranse ao servizo de extinción

Estarán en activo ata entre o 1 de marzo e o 30 de novembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2019 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Un total de 600 traballadores contra o lume que son fixos descontinuos incorpóranse este venres, 1 de marzo, ao servizo de extinción da Xunta. Segundo a Consellería de Medio Rural, estes traballadores son os correspondentes aos que exercen durante nove meses ao ano —estarán en activo ata o 30 de novembro, cuxa incorporación se fai efectiva cada exercicio antes da primavera.

Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Precisamente, nos últimos días varios lumes afectaron á provincia de Ourense, como o que entrou por Portugal e arrasou unhas 225 hectáreas en Padrenda.

O persoal que se incorpora forma parte do colectivo de bombeiros forestais, nas categorías de xefe de brigada, bombeiro forestal, condutor, oficial de defensa contraincendios, así como emisoristas e vixiantes.

Así mesmo, comézanse a despregar de forma progresiva desde este venres os medios da precampaña de incendios, que vai de marzo a xuño, polo que pasan a estar operativos unha ducia de helicópteros, dous deles do Goberno central.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta