O Entroido pasado por chuvia en Galicia

Tamén pode nevar en puntos altos a partir do luns.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 01/03/2019 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O tempo estable, con ceos pouco nubrados e temperaturas máis altas do normal seguirán durante o fin de semana e os días de Entroido na maior parte de España, excepto en Galicia, onde poden producirse algunhas choivas e chuvascos, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Estas choivas e chuvascos que afectarán a Galicia, o Cantábrico oriental e Pireneos poderían ser localmente intensos ou persistentes no oeste de Galicia o domingo. Os ventos a fin de semana soprarán do suroeste con intervalos fortes en Galicia.

O luns de Entroido as choivas e os chuvascos débiles afectarán a Galicia, Cantabria, País Vasco e Pireneos occidentais e tamén poderían darse, pero de forma máis débil e dispersa noutros puntos do terzo norte e no suroeste peninsular. A neve podería producirse a partir de 900 a 1.200 metros na cordilleira Cantábrica.

Entroido en Vilariño de Conso (Ourense). EP/GROSA VEIGA - Arquivo / Europa Press
Entroido en Vilariño de Conso (Ourense). EP/GROSA VEIGA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta