Polémica na Cámara galega pola proposta de Casado de modificar o estatus da lingua galega

O PSdeG acusa á Xunta de sumarse a "proclamas incendiarias" e o PPdeG afirma que "non se vai a modificar a política lingüística. A Xunta pon en marcha un curso en liña preparatorio do Celga 3.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2019 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "abandono de funcións" por "porse de perfil" ante as "proclamas incendiarias" sobre as linguas cooficiais do Estado pronunciadas polo líder nacional do seu partido, Pablo Casado.

En concreto, nunha rolda de prensa celebrada este luns, Leiceaga referiuse a a promesa electoral dos populares que propón eliminar a esixencia de coñecer as linguas cooficiais para acceder a posto na administración en comunidades como Cataluña, Euskadi, Baleares, Valencia ou Galicia.

O portavoz socialista asegurou que este tipo de declaracións e propostas evidencian "un descoñecemento absoluto da realidade" de Galicia, onde existe "un contexto favorable" ao uso do castelán por encima do galego nos planos "social e político".

Por iso, lembrou que o requirimento a coñecer a lingua galega para acceder a unha praza como empregado público blinda "o dereito" dos cidadáns de Galicia a empregar o galego en calquera ámbito. "Para que se poida usar o galego, unha lingua oficial, é necesario que o corpus da administración teña a capacidade de comprendelo", apostilou.

Así, tras lembrar que en Galicia "a ninguén se lle obriga a falar galego, pero si a coñecelo", Leiceaga tachou de "preocupante e sorprendente" que Núñez Feijóo "non defenda as leis da comunidade autónoma" e "oculte a realidade" ao afirmar que o coñecemento do galego non é un requisito para acceder a un posto na administración autonómica, aseveración que empregou o presidente da Xunta en referencia ao ámbito sanitario.

PP: "NON SE VAI A MODIFICAR A POLÍTICA LINGÜÍSTICA"

Pola súa banda, preguntado sobre a proposta do presidente do PP, Pablo Casado, de prohibir esixir linguas cooficiais para empregos públicos, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou que o PPdeG, que "descoñece" a formulación desta proposta, "non vai variar o que é a defensa do idioma galego".

"Non se vai a modificar a política lingüística que se está realizando nestes momentos en Galicia porque é o que manda a Constitución, o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística", subliñou.

Portavoz do PSdeG, Xoaquín Leiceaga. EUROPA PRESS - Arquivo
Portavoz do PSdeG, Xoaquín Leiceaga. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

CELGA

Por outra banda, a Xunta dpuxo en marcha o curso de formación en liña preparatorio do Certificado de Lingua Galega (Celga) do nivel 3, que se une aos xa dispoñibles do Celga 1 e Celga 4, e que contará nesta primeira edición cun total de 210 prazas.

Así o explicou este luns en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen destacou o "éxito" desta iniciativa que permite a aprendizaxe da lingua galega a aquelas persoas que se atopan a "miles de quilómetros de Galicia", así como a aqueles que, a pesar de vivir no territorio galego, non dispoñen de tempo para asistir a un curso presencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta