'Ramonas on Tour', música e obradoiros sobre "relacións tóxicas e igualdade"

A Deputación de Pontevedra presenta este espectáculo itinerante no marco do Día da Muller.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2019 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este martes o espectáculo itinerante 'Ramonas on Tour', que se inclúe na axenda de actividades que a institución provincial puxo en marcha no marco do Día da Muller, que se conmemora o próximo 8 de marzo, xornada na que tamén está convocada unha folga feminista.

Np Depo Presentacion Ramonas On Tour. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Np Depo Presentacion Ramonas On Tour. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

'Ramonas on tour' é unha banda de música que visitará co seu camión a Porta do Sol de Vigo o venres 15 de marzo a partir das 10,00 horas da mañá. Unha semana máis tarde, o venres 22 de marzo, será a quenda da praza da Ferrería en Pontevedra.

A iniciativa propón axuntar concertos de música rock con talleres xuvenís "sobre relacións tóxicas e igualdade", conferencias sobre "o imprescindible papel da muller no mundo da cultura", nas que participarán "distintos modelos de mulleres de cada localidade".

Tamén se inclúe unha exposición sobre a muller e a música, segundo indicou a presidenta provincial sobre este "espazo libre de agresións e de abusos".

"PROXECTO REVOLUCIONARIO"

Carmela Silva considera que se trata dun "proxecto extraordinario, revolucionario, potente e intelixente" que "alimentará o debate sobre o feminismo como unha actitude"

Na súa presentación Silva estivo acompañada por unha das integrantes da banda, Patricia Moon, e unha das invitadas especiais, a artista Area, que interpretaron un número musical.

O espectáculo 'Ramonas on tour' está inspirado na aprobación en 1993 da Lei Revolucionaria de Mulleres impulsada polas mulleres zapatistas, lideradas pola comandanta Ramona, e o manifesto "Riot Grrrl" un movemento feminista estadounidense, ligado á escena alternativa, nacido nos primeiros anos da década de 1990.

A presidenta provincial concluíu destacando que "o feminismo é un movemento filosófico que pertence ás mulleres e non un movemento partidario".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta