Así será a campaña do Bloque para as eleccións xerais

Os nacionalistas invitan ao presidente da Xunta a dar a cara nun debate na TVG.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/10/2011 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A secretaria de organización e directora de campaña do BNG, Montse Prado, presentou esta mañá en rolda de prensa a campaña nacionalista cara ás eleccións do 20-N, baixo o lema “A alternativa que te defende. O voto útil en Galiza”.

A responsábel da campaña nacionalista argumentou o lema explicando que “somos a alternativa porque propoñemos políticas alternativas fronte ao máis do mesmo de PP e PSOE”.

“E cando dicimos que somos a alternativa que te defende”, continuou, “estamos explicando que a nosa vai ser unha campaña de proximidade e cercanía coa xente”.  Lembrou Montse Prado que “o voto ao BNG ten unha dupla utilidade: defender a Galiza e o benestar dos galegos e galegas e facer frente ás políticas de dereitas do PSOE e do PP”.

Para iso, o Bloque Nacionalista Galego leva no seu programa iniciativas como que "a Xunta se faga co 51% das accións do FROB de Novagalicia banco, apoio á economía produtiva para crear emprego, reforma do sistema fiscal para que paguen máis os que máis teñen, prohibición de EREs en empresas con beneficios, supresión das Deputacións, recorte dos gastos militares, etc”.

E, como o BNG ten propostas e quere que se coñezan, quere debatelas coas outras forzas políticas, por iso, tal e como enfatizou Montse Prado, “emprazamos a Núñez Feijóo a debater as súas propostas na televisión pública galega”.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

11 Kiko

E veremos anuncios do BNG na prensa do PP (lease La Coz ou O Faro)?

10 Lelia

Pois a min gustoume a presentación. É BNG, BNG. Cunha imaxe coherente. É tempo de que o BNG suba en votos.

1 selector

Será tempo, pero vanse meter un ostión que nin Dios.... Somentes Santi e Olaia dende Vigo e Lores en Pontevedra dan a talla..., con esta campaña desaparece o BNG.....

2 Balbino

Espero que non se cumplan os teus desexos, polo ben deste país. Coa túa negatividade, te defines nidiamente. Por sorte hai milleiros de galeg@s responsabeis que non van consentir que Galiza fique sen a súa representación e que non van ser "abducidos" polo derrotismo nen por profetas apocalipticos coma tí. Un saúdo.

9 En pé

Mentras a Política en xeral, e os políticos en particular, non atopen REXENERACIÓN coa ETICA, eu, sí votarei, mais ......en blanco.

1 En pé

Hai moito que MUDAR.

2 Lobo

Gracias "de ¡xeonllos" asi e como queres ver a tua terra, por non votar ou absterse, teñen moitos concellos entre eles a capital alcaldes tan descerebrados e antigalegos como ti.

3 sorro

Pois para escoller entre anti-galegos do PP, ou galegos renegados do PSOE (co apoio do BNG, a cambio de mater un colocado), e galegos vendidos do BNG, eu escollo un magosto onde asar chourizos (do Bloque Socialista Popular, a etiqueta verdadeira que os iguala). Un magosto participativo onde estoupen os mantidos da política!

4 Maria

Isa é a forma máis directa de chegar ao fascismo de Berlusconi, pasar de todo, votar en branco ou absterse é deixarlle o camiño aberto á dereita do PP ou as politicas de dereita do PSOE. Sen esquencer que hai que defender ao país, porque se non o facemos nós non o van facer desde Madrid. E deixarnos de "esquixiteces" que so axudan ao poder bipartidista

5 sorro

Mellor votar PSOE que BNG, mellor o autentico que o sucedáneo! Pois sabemos que os votos do BNG, de precisalos, van para o PSOE. E a utilidade recomenda votar polo que ten máis posibilidades (exemplo: se nas autonómicas os votantes do BNG votaran PSOE hoxe non gobernaría o PP). Votar BNG é votar pola segunda marca do PSOE. E como eu NUNCA apoiaría ao PSOE, por practicar o maior recorte social na historia e por ser a dereita pura e dura dos bancos e mercados, teño boas razóns para quedarme na casa. E non Maria, non paso, os que predicamos a abstención e o voto en branco estamos a facer máis que os que colaborades co miserable sistema de partidos de colocados. Os que lles votades, pola contra, sodes parte do problema.

6 Alberto R F

Gracias señorita, en el Partido Popular de Galicia (España), le estamos muy agradecidos por su apoio. Con Rajoy (que también le es gallego como usted) vamos a acer una España grande y unida y sin separatismos excluyentes.

7 saviñaomurosportomarín

Albertito, sabes o conto daquel alcaldiño do BNG que gobernou cos votos do PP hai anos, e iso que era da UPG... E coñeces aquel outro aínda recente onde se repetiu a historia... E mesmo o daquel cabeza de lista e representante por varias lexislaturas que hoxe é alcalde tras mudar a camisa...

8 Alberto R F

Gente como usted es la que necesitamos el el Partido, no dude en pasar por nuestra sede de nuestra delegación Regional en Galicia en la calle del Horreo, o si lo prefiere, hable con el Sr Baltar (Ourense) y compartiremos opiniones y objetivos, esta usted a hacer una grande labor!. Un fuerte abrazo, mi querido amigo .

9 En pé

Deberíamos respetar sempre, tódalas opinións con liberdade en DEMOCRACIA.

10 En pé

Deberíamos respetar sempre, a liberdade de expresión en democracia.

11 En pé

Tratar de mellorar a democracia, é unha "esquisited?....

12 En pé

Hai que ter criterio. Xamáis deberíamos desprestixiar aos que teñen outro pensar.

13 En pé

Hai que ter criterio. Xamáis deberíamos desprestixiar aos que teñen outro pensar.

8 Fidelio

Gústanme os lemas e gústame a campaña: directa, clara, ilusionante e con candidatos e candidatas que representan as diversas sensibilidades do partido. Est*s non teñen que agochar a marca como fai o PSOE nin queren que votemos aqui os candidat*s que se presentan por Madrid, os que presentan son os que temos que votar en cada provincia: NON ENGAÑAN. Defenderán antes as conservas galegas que as laranxas de Valencia ou o aceite de Andalucia. 100% BNG, nas cores e nos conceptos, non como antes.

7 Congrio

Non sei se é a alternativa que necesitamos, pero si sei que son @s que están na rúa, coa xente, nas manifestacións, nas folgas, nas empresas, entre a mocidade... O que si sé e que si son o voto útil aqui, se non queremos ser un pais sen identidade, sen raices, sen cultura propia diferenciada... como Albacete ou Soria. A ver se aprendemos de cataláns e vascos !

1 qwerty

Aprendeirei dos catalans e basco cando o BNG poida facerlle sombra, en coerencia, ao PNV e CIU