Así será a campaña do Bloque para as eleccións xerais

Os nacionalistas invitan ao presidente da Xunta a dar a cara nun debate na TVG.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/10/2011 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A secretaria de organización e directora de campaña do BNG, Montse Prado, presentou esta mañá en rolda de prensa a campaña nacionalista cara ás eleccións do 20-N, baixo o lema “A alternativa que te defende. O voto útil en Galiza”.

A responsábel da campaña nacionalista argumentou o lema explicando que “somos a alternativa porque propoñemos políticas alternativas fronte ao máis do mesmo de PP e PSOE”.

“E cando dicimos que somos a alternativa que te defende”, continuou, “estamos explicando que a nosa vai ser unha campaña de proximidade e cercanía coa xente”.  Lembrou Montse Prado que “o voto ao BNG ten unha dupla utilidade: defender a Galiza e o benestar dos galegos e galegas e facer frente ás políticas de dereitas do PSOE e do PP”.

Para iso, o Bloque Nacionalista Galego leva no seu programa iniciativas como que "a Xunta se faga co 51% das accións do FROB de Novagalicia banco, apoio á economía produtiva para crear emprego, reforma do sistema fiscal para que paguen máis os que máis teñen, prohibición de EREs en empresas con beneficios, supresión das Deputacións, recorte dos gastos militares, etc”.

E, como o BNG ten propostas e quere que se coñezan, quere debatelas coas outras forzas políticas, por iso, tal e como enfatizou Montse Prado, “emprazamos a Núñez Feijóo a debater as súas propostas na televisión pública galega”.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

6 Xosé

Mal plantexada a campaña e a imaxe dos carteis, coma sempre o logotipo do BNG en pequeno por medo ao que dirán, aínda así son o único grupo GALEGO en Madrid, e o meu voto para eles, non hai outros, quitados os frikis de Padín (que nin son galeguistas). Adiante BNG e a reformas certas cousas!!

1 cempés

Xosé André no te arrime a la pare, que te vas llenar de cal... Non te ocupes do Padín, preocúpate da posibilidade de quedar sen representación en Madrid, e adeus mamadeira do BNG!

2 Xaime

CXXI ainda non ten nada e xa non os deixa durmir... Logo pedirán que entre as forzas galeguistas non haxa ataques, mentres mandan aos francotiradores a facer o traballo suxo e difamar gratuitamente. Acabo d ever que CXXI apresentase ao congreso, que sigan gañando puntos os do BNG que se pensaba votalos só ao congreso como acabo de dicir no foro do artigo de Padín, ao mellor os meus votos van integramente a CXXI... Vós seguide por ese camiño, seguide!

3 anonimo

Xa veremos a frikada de votos de Padín, o 20-N falaremos. Ha ha ha. algúns crense os salvadores da Patria e só son un concelleiro en Tui e ademais censuradores e pro-sionistas. Vós si que mandades o catro gatos de Padín a multiplicar os nicks nos foros coma este.

5 galeguista

Que torta ides levar o 20 de novembro... non sei se vos recuperaredes pronto, seguide coa vosa deriva comunista a ver canto tardades en desaparecer do mapa. Unha mágoa co necesario que é un partido nacionalista en Galicia, ao final imos ser como Castilla la Mancha, bipartidismo PPSOE... qué triste

4 saña

Este equipo non sera mui bo,pero e o noso equipo, o da casa, por eso estamos e estaremos con el.

1 vendedores de fume

Non saña, este equipo é o do Gayoso e Méndez (polas débedas que mandan), o dos Tojeiro, Lence, Martínez Nuñez..., e se cadra tamén o dos Dorribo e Carumeiros que están por destapar. Xa non vale que disimuledes, coñecemos o raposo!

2 ollomol

Canto "cainismo" e que pouca autoestima, con moitos coma ti, este pais non existirá.

3 o compromiso do ollomol

O país foi vendido, polos do PP, e tamén polos do PSOE en complicidade co BNG. Na Galiza do futuro non precisamos vendepatrias!

4 saña

Claro e mellor ir a apoiar ao equipo de Madrid, mentras a parroquia arde a cachon, ou baixar as calzas ante Botin, Aguirre, Marianito, Feijoo, este si que é un bo equipo pra levarnos a rexional como queren os que o apoian.Ollomoles de fume, non vale nin a pena refrendar ideas, nonas tendes, saude.

5 falto de ideas

Non te esforces, xa coñecemos a cantinela... Por certo, O Dorribo vai nas listas do BNG, do PSOE ou do PP? Tan diferentes, tan semellantes!

3 UFFF

O sea, sacar pasta del presupuesto público para que la NCG vuelva a ser territorio liberado para políticos, sindicalistas, funcionarios, etc, y volver a quebrarla...No votará por vosotros ni el Tato.

2 Faustino

Con esa campaña perden a representación parlamentar en Madrid...RIP