As doenzas dos concellos galegos. Os servizos básicos

“–¿Que ves nese fondo escuro? / ¿Que ves que tembras e calas? –¡Non vexo! Miro, cal mira / Un cego a luz do sol crara. / E vou caer alí en donde / Nunca o que cai se levanta” (Follas Novas, Rosalía de Castro).

Por Xosé Antón Jardón | Vilar de Santos | 06/03/2019

Comparte esta noticia

Dicía José Angel Cuerda, o famoso alcalde de Vitoria, reelixido cinco veces seguidas, «Onde acaban as miñas competencias, comezan as miñas incumbencias». E a cita vén ao caso porque, ao final do 2013, cando Montoro e o Partido Popular se empeñaron en modificar a lexislación básica do réxime local, agarrándose ao principio de «unha administración, unha competencia», a escape embobaron a moita xente co conto de que, mercé ás bondades da nova norma, cada administración asumiría as súas competencias e as súas responsabilidades diante da cidadanía. E, no caso de que a administración autonómica lle quixera empaquetar algunha competencia impropia aos concellos, sempre sería mediante unha delegación expresa, acompañada da correspondente dotación económica.

Casa do Concello en Paderne
Casa do Concello en Paderne

Só tiveron que pasar uns meses para decatarnos de que aquilo, que algúns cualificabamos de parvada, era algo moito máis perigoso, que traía gato encerrado. Tratábase dunha trampa para exercer a tutela xerárquica e pandémica da administración central, da autonómica e das deputacións, definitivamente afianzadas, sobre o exercicio das competencias municipais. Era unha manobra para vender como racionalización e eficiencia a submisión, a recentralización e a disciplina burocrática, tal e como afirmaba por aquel entón o catedrático de Ciencia Política, Joan Subirats. Era, en fin, unha estratexia que comezaba aniquilando o principio de universalidade, «todos os servizos públicos, se financian cos tributos de todos», para darlle paso ao trunfo da particularidade, «cada servizo básico, debe autofinanciarse», a fin de acabar cedéndolle á iniciativa privada a competencia da prestación dos servizos públicos, que pronto serán servizos a secas, porque os veciños deixarán de srer cidadáns, para converterse en ser simples usuarios.     

Ah! Lémbrame o meu tío Lisardo que, cando o PP aprobou a Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da administración local, da que antes falamos, o PSOE prometeu que a derogaría, cando gobernase. Seica estivo varios meses mandando, mais deste asunto, ninguén soubo nada. Que fráxil é a memoria dos que falan por non estar calados, vaque si? (Continuará)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Jardón Xosé Antón Jardón Dacal (Vilar de Santos, 1952), é Coordinador do Padroado do Museo da Limia. Colabora habitualmente con artigos de opinión e relatos en La Región, Galicia Confidencial, Praza.gal, Temposdixital e BadalNovas. Coautor dos libros A luz da chuvia (2019) e O Lebre das Casarizas, unha vida de máquinas e inventos (2019), ten participado en diversas publicacións colectivas: Limiaxinacións, Evocacións das Terras do Lethes (2009), Miguel, un cura grande en Parada de Outeiro (2009). Secretario-interventor de administración local xubilado, foi alcalde de Vilar de Santos, deputado provincial, vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e Delegado da Consellería de Industria no bipartito.