ERC, Bildu e BNG usarán as europeas para "visibilizar" o xuízo ao procés e o desafío independentista

A cabeza de lista será para Esquerra e o número dous, para EH Bildu. Ana Miranda queda relegada ao posto quinto.

Por Europa Press / Redacción | BRUSELAS | 06/03/2019 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Os candidatos de ERC, Bildu e BNG ás próximas eleccións europeas do 26 de maio esperan usar a coalición baixo a que concorrerán 'Agora Repúblicas' para "visibilizar" na escena europea o xuízo contra doce líderes independentistas no Tribunal Supremo e o desafío independentista.

"Con estas listas queremos visibilizar este retroceso democrático que estamos a vivir en Cataluña, en España e nesta Europa, que veremos como se conforma para non só non ir cara atrás, senón para ir cara adiante", declarou á prensa en Bruxelas o 'número dous' de ERC na coalición, Diana Riba.

Riba será parte da coalición, nun intento tamén por dar maior notoriedade ás familias dos políticos cataláns en prisión preventiva polo seu papel no 'procés', como é o caso do seu home, o exconselleiroo Raül Romeva, quen tamén foi eurodeputado no pasado.

A cabeza de lista será o exvicepresidente da Generalitat e tamén exeurodeputado Oriol Junqueras, ao que se quere reservar tamén un papel relevante na campaña para darlle visibilidade, a pesar de permanecer en prisión preventiva.

Fontes da coalición de formacións independentistas de esquerda recalcan que a pesar de estar en prisión, Junqueras "mantén os seus dereitos políticos intactos" e por tanto conta con que poida recoller a súa acta de eurodeputado --na Xunta Electoral en Madrid--, tras as eleccións ao Parlamento Europeo deste maio.

"A candidatura seguirá loitando para que Oriol Junqueras sexa eurodeputado a próxima Lexislatura", dixo tamén Riba, quen criticou que nos últimos anos a Unión Europea se mova "entre dúas augas".

A CABEZA DE LISTA, DE ERC E O DOUS, DE BILDU

'Agora Repúblicas' reservará o postos un, tres e catro a ERC; mentres que o segundo escano sería para o representante de EH Bildu, Josu Juaresti; e o quinto para Ana Miranda, do BNG.

Fontes da nova agrupación sitúan a cuestión de Cataluña como primeiro asunto da súa axenda para a próxima lexislatura europea, aínda que os partidos pactaron unha fórmula para asegurar que todas as siglas e os seus programas "teñan sempre representación" na Eurocámara, polo que Miranda volverá a estar na Cámara europea os meses que lle toque por porcentaxe electoral.

ERC, Bildu e BNG usarán a súa coalición ás europeas para 'visibilizar' o xuízo. BNG
ERC, Bildu e BNG usarán a súa coalición ás europeas para 'visibilizar' o xuízo. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

5 Desfeita

Moi alienado hai que estar para non ver que o quinto posto é una humillación. A ver se aprendemos: quen se deita politicamente con cataláns e vascos, desperta mollado.

4 Rafi

O BNG, que debería traballar por Galiza, cada vez máis sometido á axenda política de vascos e cataláns. Con Miranda de 5ª e cada vez máis interina, votar BNG non serve de nada. Vai estar para levarlle os cafés aos de Esquerra e Bildu. Unha vergoña!

3 Gamela

Semella que estamos a partir un piñón... O BNG vai cara ningures... mentras En Marea senta no banquiño (Eva Solla vai por libre!) http://parte.gal/2019/03/05/podemos...

2 Gamela

3 ERC - 1 EH Bildu - 1 BNG : Ana Miranda será quen recolla as carpetas e faga as fotocopias para que os Romeva e Junqueras podan seguir COBRANDO !!! Pedirlle aos galegos o voto para esta trapallada é igual que tiralo á papeleira !!! Pero mentras tanto a proposta de ir xuntos En Marea e BNG ao Senado seica non é boa ?

1 Alpinista

Seguro Gamela? Visibilizar que hai presos políticos é unha trapallada? E cando votaches Podemos non estabas tirando o voto no lixo? Os teus consellos, sabendo un pouco quen es, son de fiar? E, de ir xuntos, non debería ser en todas as convocatorias?

2 Gamela

se estás vendo o xuizo no TS supoño que terás ben claro que estes "artistas" non son "presos políticos" máis ben son os que pensaban que ser "políticos cataláns" dáballes dereito a decidir por tódolos demáis... Como fai o BNG que pon os votos dos galegos por detrás dos votos dos "políticos presos" coma se nesta terra non fósemos quen de ter DEREITOS coma os que teñen os Cataláns !!! (lembras cando dixeron que nós non tiñamos por que ter AVE? que era unha inversión inútil de Mariano? ) Eu levo tempo agardando ver onde están os millóns de Andorra (pero diso ninguén fala) ? https://flic.kr/p/RboG8y Rouban todo o que poden e aínda así os temos que aturar? NON GRACIAS !

3 Alpinista

Gamela y cierra España! Que si españolito bífido, que a xustiza belga, alemana e suiza están compradas polos millóns de Andorra! Que si españolista casposo, que as empresas domiciliadas en Madrid reparten máis co Noroeste que as de Barcelona! Que si cospiranoico, que o Fairy é unha arma independentista!

4 anonimo

Poideches enganar a algúns algún tempo, pero xa non enganas a ninguén mais tempo, o teu comentario do nº 2 retrátate.

5 Serafín

Gamela, rematou o Entroido e o disfraz de Podemos xa non tapa o supremacismo españolista. Muda de nick se queres enganar inocentes... Ou dá a cara polo que pensas: faite animadora de Vox e censor dos desviados que fan perigar a Sagrada Unidade de España, Una, Grande y Libre democracia con separación de poderes e medallas ás virxes santas.

6 teutonio

Gamela, Ana Miranda botou 4 anos recollendo as carpetas de Josu Juaristi e tivo máis impacto político e mediático que o resto de eurodeputados galegos xuntos. O BNG estivo presente sen escaño pero liderando loitas como a defensa da pesca de baixura, a xustiza pros feridos e mortos do Alvia, a limpeza e rexenaración das rías. E xa non digamos neste último ano e medio. Recordas algo feito por Senra quitando o das vacinas?, e xa non digamos Blanco ou Mon.

7 Gamela

Canta "unanimidade" para pouca chicha... Repito: as Fundacións da Igrexa con sede en Montserrat (Obispado de Barcelona) non lle interesan a ninguén no BNG - PSOE - PP ? Esa sí é unanimidade á hora de expoliar Galicia ! Para Teutonio: o traballo de Lidia Senra no Parlamento Europeo é algo máis visible que podes buscar no seu perfil sen facerlle caso aos bulos sobre as vacinas do Virus do Papiloma Humano http://www.europarl.europa.eu/meps/...+LIDIA_SENRA+RODRIGUEZ/home

8 Caselas

Gamela, colaborador da represión contra os que pretenden que voten todos os cataláns para decidir o futuro do seu pobo, que parte non entendes: "desde ERC decidimos que cada vez que haxa eleccións [europeas, estatais] e mentres continúe esta situación, presentaremos como candidato o president [de ERC] Oriol Junqueras”. Salvo para un represor, para calquera demócrata está claro: visibilizar a falta de democracia en España. Coas anécdotas amosas que andas escaso de argumentos. Ante a barbarie que apoias, non tes graza nin disculpa.

9 teutonio

Visiblisimo, quitando o levar de paseo aos acólitos pra conferencias sen ningún tipo de impacto en Bruxelas (j'habite ici), e as vacinas.... O cal non implica que non traballase, pero só hai que comparar os perfís das dúas políticas e o tempo que ocuparon o escaño pra ver quen rendíu máis. E non só iso, tamén demostra quen leva anos movéndose en Bruxelas, tecendo unha rede de contactos, aprobeitando a colaboración de outros partidos (ERC, Bloco, SNP, Bildu, Sinn Fein..) e grupos políticos (GUE e Verdes) pra lograr un impacto moito mellor, que tamén souberon visibilizar nos medios de comunicación que en absoluto son favorables, pero que non tiveron outro remedio que salientar o traballo nos moitos frentes nos que Ana Miranda loito (antifascismo, refuxiados, baixura, corredor atlántico, ALVIA, saneamento de rías...).

1 Igual_mente

De defender os intereses dos galegos en Bruxelas nos tempos de Camilo e Beiras a ser unha sucursal de vascos e cataláns coas Anas. E ademáis a candidata eterna Miranda agora retrocede ao quinto lugar? Que decepción! Nesta coalición o BNG ten o mesmo peso que Andecha Astur.