No encontro non estará presente Arnaldo Otegi que si estivo con ERC e Podemos. Pola parte do Bloque, acudirán Néstor Rego, Montse Prado e Lucía López, todos eles da dirección da UPG.
  comenta   0
A protesta a favor de Palestina e contra a participación na Volta do equipo Israel-Premier Tech obrigou onte a acurtar a etapa en Bilbao, que acabou sen gañador, nunha xornada que deixou tres detidos, cinco identificados e catro ertzainas feridos.
  comenta   0
Durante o debate, as formacións independentistas e nacionalistas abandonaron o hemiciclo mentres falaba o senador do PP e secretario xeral do PP de Madrid, Alfonso Serrano.
  comenta   0
"Pomos en valor moitísimo todas e cada unha das linguas cooficiais e a lingua ten que ser unha ponte e non un muro", asegurou hai unhas semanas o presidente da Cámara Alta, Pedro Rollán.
  comenta   0
"Moitas están pechadas porque xa non lles conveñen os prezos tan baixos aos que se pode chegar hoxe en España grazas ao despregamento masivo das enerxías renovables", din desde o PSOE.
  comenta   0
ERC, EH Bildu, PNV, Junts, BNG e senadores do grupo de Esquerda Confederal uníronse no Senado co obxectivo de aproveitar a tramitación da reforma do Regulamento proposta polo PP para tentar estender o uso das linguas cooficiais en todos os debates e textos da Cámara Alta, como xa ocorre no Congreso desde esta lexislatura.
  comenta   0
PP, Sumar, Vox, PNV, Esquerra Republicana (ERC), Coalición Canaria e Podemos amosaron os seus votos contrarios a esta tributación.
  comenta   0
Fermín Muguruza (Irún) aterrará en Compostela o 15 de marzo dentro da xira polos seus corenta anos tocando, creando filmes, cómics e comprometéndose politicamente. Sobre este aspecto e sobre todo, como a música e a arte en xeral pode ser unha arma contra o fascismo, falamos con el. Tamén do seu compromiso coas frontes populares amplas, caso de EH-Bildu e da necesidade de crear cantas máis mellor para frear a ultradereita. Sobre Galicia espera que os movementos sociais poidan frear Altri e lle dean unha lección de democracia á clase política
  comenta   0
"O pacto de repartición dos tempos entre candidatos non se explicitou antes dos comicios, polo que os galegos que votaron por esta coalición confiando en elixir a unha representante da súa Comunidade no Parlamento europeo atoparanse sen representación por parte do BNG entre 2027 e 2029", sosteñen.
  comenta   0
Miranda volve encabezar unha lista que suma a Bieito Lobeira, o pescador e divulgador Rogelio Santos e que pecha un familiar dun dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo.
  comenta   0
Fontes do PPdeG confirmaron a Europa Press que pola tarde está previsto que Rueda manteña un encontro con directivos de centros galegos de Biscaia no Centro Galego de Santurtzi.
  comenta   0