ERC impón a súa posición e Miranda deixará o escano "ao final" da lexislatura para cederllo aos cataláns

A galega pasará a ser asesora cando o seu asento recaia no meteorólogo Tomás Molina,

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2024 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

O BNG admitiu que o escano logrado por Ana Miranda como número tres da candidatura de coalición Agora Repúblicas pasará a mans de Tomás Molina, cuarto na lista en representación de ERC, "ao final" da lexislatura, aínda que non precisou cando, algo que ligan a unha negociación cos republicanos unha vez se coñezan os resultados definitivos contabilizado xa o voto CERA.

Este luns, xornada posterior á noite na que o BNG celebrou o "escano propio" na Eurocámara e despois de que ERC trasladase en Cataluña que o terceiro asento logrado pola coalición soberanista sería rotatorio, fontes do Bloque confirmaron aos medios de comunicación que Miranda non completará a lexislatura como eurodeputada.

En todo caso, o BNG non aclarou en que momento dos cinco anos de lexislatura en Bruxelas pasará a mans do meterólogo de TV3 Tomás Molina a acta que asumirá Miranda a mediados de xullo cando se constitúa a Eurocámara cunha sesión que se celebrará entre o día 16 e o 19.

O cálculo realizarase con base á achega cuantitativa de sufraxios que cada pata da coalición (ERC, EH Bildu, BNG e Ara Més). Os votos en todo o Estado foron 856.500, coa seguinte repartición: 354.247 de ERC (-6,40%), 227.973 de Bildu (+4,23) e 179.905 de BNG (+4,33%).

Apuntan que a repartición do tempo de goce do escano foi unha "práctica habitual" na coalición que BNG, EH Bildu e ERC comparten nas últimas edicións das eleccións europeas e valoran que Miranda fose "escollida de forma directa como eurodeputada" na noite electoral, o que lle permitirá elixir as comisións nas que formar parte.

O Bloque, que defende ser a forza que "máis crece" dentro da coalición, aclara que o seu escano só será compartido unicamente con Esquerra e que Miranda continuará co seu traballo na Eurocámara unha vez abandone a súa condición de eurodeputada.

PONTÓN RECOÑECEU "AXUSTES"

Na mañá deste luns, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, recoñeceu que habería "axustes" no tempo que terá o Bloque o escano da coalición Agora Repúblicas alcanzado por Ana Miranda na UE, aínda que garante que a eurodeputada "vai estar cinco anos en Europa".

Na noite do domingo, a propia candidata de ERC ás eleccións europeas, Diana Riba, asegurou que "antes que se acabe este mandato, Tomàs Molina será eurodeputado", en referencia ao número 4 da lista da coalición.

A candidata do BNG para as eleccións europeas, Ana Miranda, durante unha entrevista para Europa Press
A candidata do BNG para as eleccións europeas, Ana Miranda, durante unha entrevista para Europa Press | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Sentidiño

Ben que o sinto! Fan falla o dobre de votos para ter unha (só unha!) representante galega en Bruxelas, porque os galegos e os cuneros de pp e psoe nunca nos van defender. E para afirmar isto non é preciso tratar de becarias as mulleres políticas, nin nomear coma "señoras de" mulleres adultas e con criterio. O machismo fede.

1 Gamela

Dende o Machismo Leninismo estamos fartos de escoitar como se desvían as cuestións cando non interesa respondelas con datos precisos. Fartos dos Contos de mal pagador. Catalunya abusa de posición dominante e a UPG asina acordos q perxudican a Galicia. Non aprenden e o peor é que OCULTAN deliberadamente os Datos da Coalición ! ~ Cataluña 7,9 Millons de habitantes ~ Euskal Herría 2,8 M ~ Galicia 2,7 M ~ Nunca teremos escano propio, mentras na Lista de Ahora Repúblicas podes comprobar como a Número Un (Señora de Romeva) é INDEPENDENTE e o número catro (Tomás Molina i Bosch) tamén aparece coma INDEPENDENTE.... Pero Ana Miranda que pon a marca do BNG por diante, é ela a que debe compartir o escano...? Amén... Ver pax 7 do pdf https://www.juntaelectoralcentral.e...

2 eu mesmo

O bng sacou 179.905 votos, o diputado creo que andivo polos 280.000 votos. os datos non minten e se o bng fora só o represante seria ninguén.

1 Gamela

Cataluña ten 7,9 millóns de habitantes ~ Galicia 2,7 millóns ~ País Vasco 2,2 millones ~ Sentan o cú no escano o que máis habitantes ten e o que menos habitantes ten , pero os galegos sempre temos que ceder o asiento ? Manda Carallo !

2 Gamela

Rectifico xa que EH Bildu presentou candidatura en Nafarroa sería xusto sumarlles os 680.000 navarros ao Pais Vasco = 2,8 millóns // Cando poderíamos acadar un escano en Agora Repúblicas os galegos ? Nunca ? Catalunya sempre abusa de posición dominante e a UPG asina acordos que sempre perxudican a Galicia (dende a época de Camilo Nogueira) E parece que non aprenden... e o peor do asunto é que OCULTAN deliberadamente os Datos da Coalición !

1 Gamela

Os INDEPENDENTES da Burguesía Catalana sonche ben interesados en repartir prebendas: a Diana Riba muller de Raúl Romeva e o cuarto da lista Tomás Molina casado cunha Grifols... Estes son os mimbres "republicanos" que tece a UPG, para que os votos dos galegos emigren cara outras Nacións sen Estado... Por non falar de Pernando Barrena recaudador do imposto revolucionario de ETA... É o que ten tratar con Fenicios !