Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2025 | Actualizada ás 18:13
A deputada do PSdeG no Parlamento de Galicia, Patricia Igrexas, visitou este venres o centro de saúde de Negreira, onde denunciou o estado "lamentable" das instalacións e criticou a "inacción" da Xunta e do Sergas fronte a unha situación que cualificou de "inadmisible".
Acompañada do alcalde, Anxo Leis, e do equipo de goberno local, Igrexas denunciou humidades nas paredes, espazos reducidos e "deficiencias estruturais que comprometen a seguridade e a dignidade da atención sanitaria". "Todo isto sostido polo Concello, mentres que a Xunta e o Sergas miran para outro lado", subliñou. Por iso, reclamou "con urxencia" a construción dun novo centro de saúde en Negreira "que garanta unhas condicións adecuadas tanto para o persoal sanitario como para os pacientes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.