Por Galicia Confidencial | Santiago | 31/10/2011 | Actualizada ás 18:12
O BNG presentou hoxe un recurso ante a Xunta Eleitoral Provincial para denunciar o tratamento informativo dado onte pola TVG aos actos de precampaña. Segundo a fonte, nas distintas emisións da TVG (telexornal 1 e 2 e as súas redifusións na G2), o tempo dedicado polos informativos da televisión autonómica ao Partido Popular ascendeu a 12,24 minutos, mentres que o que se destinou ao Bloque Nacionalista Galego apenas chegou a 1 minuto e 16 segundos. O tempo dedicado ao PSOE acadou os 9 minutos 32 segundos.
"Non se trata tan só dos aspectos cuantitativos: os cualitativos demostran un partidismo inaceitábel por parte da TVG e a violación do principio básico de respeito ao pluralismo político que debe rexer unha televisión pública", argumentan dende o Bloque.
O espazo dedicado polo telexornal ao PP contiña até 4 totais (audios con imaxe) distintos de Javier Arenas, o que, multiplicado polo número de emisións dos espazos informativos (dous telexornais e as súas correspondentes redifusións) deita a cifra final de 16 totais do político conservador. 16 a 0 a favor do PP, posto que o BNG non tivo nin un só total en todo o día de onte na TVG.
A TVG abriu os telexornais co titular “Avance do Programa do PP”. Como queira que Rajoy non tivo onte ningún acto, a TVG, para poñelo en antena emitiu imaxes de arquivo do mítin xantar celebrado polo PP na Coruña o pasado sábado.
Con estes antecedentes, o BNG solicita que a Xunta Eleitoral delcare a “concreta vulneración dos principios de pluralismo político e social na emisión dos espazos informativos emitidos o 30 de Outubro de 2011”.
Velaquí os titulares do Telexornal deste mediodía:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.