Unha muller de Cambados dá positivo en alcol e cocaína mentres conducía sen carné e co seu fillo de 2 anos

A Garda Civil interceptou ao volante a unha veciña de Cambados que circulaba acompañada polo seu fillo de dous anos a pesar de non contar con licenza ao perder a vixencia do permiso por esgotar o saldo de puntos. Ademais, deu positivo na proba de alcol e drogas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2019 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

A Garda Civil interceptou ao volante a unha veciña de Cambados que circulaba acompañada polo seu fillo de dous anos a pesar de non contar con licenza ao perder a vixencia do permiso por esgotar o saldo de puntos. Ademais, deu positivo na proba de alcol e drogas.

[Grupovigo] Nota De Prensa. GARDA CIVIL
[Grupovigo] Nota De Prensa. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Trátase da segunda vez en dous meses que esta condutora é sorprendida ao volante sen dispor de puntos no seu carné.

O equipo do Subsector de Tráfico que se encarga da vixilancia dos condutores de risco interceptou por segunda a esta persoa conducindo novamente co permiso sen puntos.

Nesta ocasión, a condutora, que viaxaba acompañada por un fillo de dous anos, deu positivo nas probas de alcol e droga (cocaína).

A Garda Civil sinala que a reiteración da "conduta neglixente" desta persoa deu lugar á instrución de novas dilixencias penais por un delito contra a seguridade viaria.

Así mesmo, tamén se puxo o caso coñecemento da Fiscalía de Menores por se procedese a adopción dalgunha medida cautelar ou de protección con relación ao seu fillo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta