Temas: AMTEGA XUNTA

A Xunta contratou por 96 millóns os servizos de empresas informáticas sancionadas por Competencia

O Goberno galego contratou entre 2012 e 2018 cinco empresas sancionadas por pactar prezos e intercambiar información sensible. A Xunta argúe que os sistemas de contratación "se rexen escrupulosamente pola normativa vixente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia contratou un total de 96 millóns, desde 2012 a 2018, a cinco das empresas que foron sancionadas pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia por pactar prezos e intercambiar información sensible un total de 96 millóns, o 13% dos 750 millóns de euros destinados, aínda que desde a Axencia de Modernización Tecnolóxica Galega (Amtega) defendeuse que os sistemas de contratación réxense " escrupulosamente pola normativa vixente".

A conselleira Ethel Vázquez coa directora da Amtega, Mar Pereira
A conselleira Ethel Vázquez coa directora da Amtega, Mar Pereira

En Comisión no Parlamento de Galicia, a directora da Amtega, Mar Pereira, en resposta ao deputado do BNG, Luís Bará, achegou os datos relativos ás contratacións realizadas pola Xunta desde 2012 a 2018 a algunha das 11 empresas que a CNMC sancionou o pasado ano.

"Ante unha multa como esta debían saltar algo as alarmas", en opinión do representante nacionalista, que puxo en dúbida, en especial, os contratos a Indra e a Everis, que asegurou que foran realizados, nalgúns casos, por "procedementos negociados sen publicidade".

Unhas afirmacións rexeitadas pola responsable da Amtega, que negou que se contratase por procedemento negociado sen publicidade e incidiu en que, unicamente, nalgúns casos se realizaron contratos menores. Pero segundo os datos que facilitou, en 2017 un 99,4% dos contratos foron en procedementos abertos.

Agregou ademais que non consta ningún concepto no rexistro oficial de licitadores que impida a contratación coas empresas que mencionaba o deputado do BNG.

En canto ás empresas sinaladas, explicou que cinco das compañías sancionadas teñen algún tipo de vinculación coa Administración galega: Indra, SAG, IBM, Atos e Everis.

En cifras, de 2012 a 2018, dos 750 millóns de euros en contratos informáticos, estas empresas foron adxudicatarias de contratos por 96 millóns, o que supón en torno ao 13% do total. Everis obtivo contratos por 22,9 millóns e Indra por 51.

Mar Pereira defendeu que se tratou de proxectos "de calado importante", en sanidade, en benestar, política social ou no ámbito da xustiza, e con empresas que facturaron en 2018 ata 650 millóns de euros no sector público en todo o ámbito español.

"É bo que existan neste país empresas expertas en tecnoloxía en sector público e en sanidade", resaltou.

Pero Bará replicou que, ante estes datos, viu "confirmadas as sospeitas previas" e censurou que unha das empresas máis beneficiadas fose Everis, cuxo vicepresidente é o exministro de Defensa do PP, Eduardo Serra.

"Estas empresas foron facendo o seu nicho de negocio á calor destes contratos tecnolóxicos e teñen unha posición de monopolio", concluíu o deputado nacionalista.

Temas: AMTEGA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta