BNG e Anova súmanse á manifestación en Madrid contra o xuízo do 'procés' catalán

A marcha está convocada pola Asemblea Nacional Catalá (ANC) e Ómnium Cultural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

Representantes do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista participarán na manifestación convocada este sábado en Madrid pola Asemblea Nacional Catalá (ANC) e Ómnium Cultural en protesta polo xuízo do 'Procés' e para reivindicar o dereito a decidir.

Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

O BNG estará representado na capital madrileña pola eurodeputada Ana Miranda, o número un do Bloque pola Coruña nas eleccións xerais e secretario xeral da UPG, Néstor Rego, ademais do edil en Santiago Rubén Cela.

Por parte de Anova, Gladys Afonso e Iria Otero —membros da Permanente da organización nacionalista— acudirán a Madrid para participar na marcha que se desenvolverá na tarde do sábado na capital española baixo os lemas 'Autodeterminación non é delito' e 'Democracia é decidir'.

Anova censura a "involución democrática" que, di, padece o Estado español, onde se produce "unha cerrazón centralista" e "o auxe das nova formas de fascismo, que atoparon un caldo de cultivo idóneo en moitas manifestacións públicas do bloque do 155".

Así mesmo, tamén se refire ao xuízo aos dirixentes do 'procés' que se desenvolve nestes momentos no Tribunal Supremo e que, para o partido nacionalista, "está marcado pola imparcialidade e a falta das mínimas garantías de defensa" para os procesados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta