O ex alcalde e candidado do PP en Sada enfróntase a 9 anos de inhabilitación por prevaricación administrativa

Está acusado de amañar unha praza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O exalcalde de Sada e candidato polo PP nestas eleccións, Ernesto Anido, sentará a partir deste mércores no banco dos acusados da Audiencia Provincial da Coruña para responder a unha acusación de prevaricación administrativa pola que Fiscalía pide para el 9 anos de inhabilitación.

En concreto, o Ministerio Fiscal acusa a Ernesto Anido de amañar o proceso de contratación de 'coordinador xeral' do concello para que o ocupase M.B.V.L., que tamén figura como procesada neste caso.

Así, o fiscal considera que ambos "actuaron conxuntamente", con "grave dano para o bo funcionamento da Administración Pública", "bosquexando o modo de lograr a contratación administrativa da acusada" no Concello de Sada e "deseñando un proxecto ad hoc, dirixido a crear o posto de Coordinador Xeral do que, a priori, ambos decidiron que ía ser adxudicataria" ela.

Para iso, detalla Fiscalía, deseñouse unha modificación da Relación de Postos de Traballo do consistorio para incluír o posto de Coordinador Xeral, "eliminando toda referencia ao seu carácter funcionarial", de forma que "o nomeamento puidese recaer non só entre funcionarios de carreira, condición que non reunía M.B.V., se non tamén entre persoal laboral fixo das Entidades locais", que si tiña.

A muller estivo vinculada ao Concello de Sada desde o 2 de maio de 2013 ata o 4 de setembro do mesmo ano, un tempo polo que percibiu un salario de 14.248,79 euros líquidos. Por iso, o fiscal considera ao exalcalde de Sada autor dun delito de prevaricación administrativa, mentres cualifica á outra procesada como cooperadora necesaria. Para ambos solicita nove anos de inhabilitación.

Ernesto Anido, ex rexedor do PPdeG en Sada
Ernesto Anido, ex rexedor do PPdeG en Sada

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta