Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/03/2019 | Actualizada ás 19:11
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, avogou por impulsar de forma definitiva a actual rede de reservas da biosfera de Galicia para que avance cara a "novas metas e obxectivos". Neste contexto, manifestou que a Xunta seguirá traballando na súa ampliación ata conseguir que a Ribeira Sacra sexa recoñecida como a sétima reserva da biosfera galega.
A conselleira realizou estas manifestacións durante un acto en Oleiros (A Coruña) con motivo da sinatura dun protocolo de colaboración entre a Reserva Mundial da Biosfera da Palma e das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
En Galicia, existen na actualidade seis reservas da biosfera que representan case o 25% de todo o territorio da comunidade: Terras do Miño (Lugo); Área de Allariz (Ourense); Os Ancares lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; río Eo, Oscos e Terras do Bourón (Lugo); reserva transfronteiriza do Xurés-Gerês (Ourense); e Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.