A Xunta destina 37.500 euros a financiar gastos das Confrarías de Lugo

O acordo asinado coa Federación provincial contempla subvencións para a contratación de persoal, amortizacións, alugueres ou reparación de material

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2019 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A Xunta e a Federación Provincial de Confrarías de Lugo asinaron esta semana un acordo de 37.500 euros para financiar os gastos correntes que resulten das actividades desenvolvidas pola federación pesqueira ao longo do 2019.

O convenio, que asinaron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o presidente da federación, Basilio Otero, realízase cada ano e dá continuidade aos acordos asinados a semana pasada coas federacións galega e coruñesa.

Segundo informa a Consellería do Mar nun comunicado, entre os gastos que se consideran subvencionables a través destes convenios destacan os de contratación de persoal, amortizacións, financiamento de gastos correntes como alugueres, reparacións e material de oficina, ou indemnizacións por razón de servizo, entre outros.

Para o control do convenio crearase unha comisión de seguimento que comporán dous membros designados por cada unha das partes asinantes. Pola banda da federación serán o presidente e o secretario e os outros dous dependerán da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar.

A colaboración será vixente ata o 31 de decembro de 2019. Ademais, o convenio coa federación provincial de Pontevedra asinarase nos próximos días.

Pesca.- A Xunta asina un acordo coa Federación Provincial de Cofrarías de L. XUNTA
Pesca.- A Xunta asina un acordo coa Federación Provincial de Cofrarías de L. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta