Ferido un condutor tras sufrir unha indisposición ao volante e chocar contra unha casa en Ribeira

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 09:44

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido ao sufrir unha indisposición mentres conducía pola estrada DP-7305, á altura do punto quilométrico 2, e chocar contra o garaxe dunha casa situada no número 4 da parroquia coruñesa de San Paio de Carreira, no municipio de Ribeira (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, foi unha persoa particular quen contactou co servizo de emerxencias para informar os feitos sobre as 19,45 horas deste domingo. No seu relato, indicou que presenciou unha saída de vía tras a que un turismo chocou contra unha casa e solicitou asistencia para o condutor que aparentaba necesitar axuda.

Por iso, o CIAE 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ribeira, da Garda Civil de Tráfico e tamén da Policía Local. Despois de confirmar que o ferido se atopaba liberado e accesible e descartarse o uso do material de excarceración, o 061 asistiu ao ferido.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia con base en Ribeira que atendeu ao lesionado, M.F.S., de 68 anos, e trasladouno ao Hospital do Barbanza, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Accidente de tráfico mortal
Accidente de tráfico mortal | Fonte: GUARDIA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta