Os traballadores do Museo de Pontevedra rexeitan que sexa un organismo autónomo e que se transfira á Xunta

Os empregados critican "falta de información" por parte dos responsables do museo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

Os traballadores do Museo de Pontevedra expresaron en asemblea o seu rexeitamento á constitución desta entidade cultural como organismo autónomo e tamén a súa oposición á transferencia á Xunta de Galicia deste centro dependente da Deputación provincial.

Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra | Fonte: FirkinCat en Wikipedia.

Os delegados da UGT no comité de traballadores do Museo deron conta este luns do resultado da asemblea á que asistiron 42 dos 56 empregados laborais que ten a institución. No persoal desta institución tamén hai cinco funcionarios e seis bolseiros.

O secretario da Federación de servizos públicos de UGT, Juan Loureiro, indicou que os traballadores queren que os responsables políticos da Deputación informen dos seus plans. "Xa que o que sabemos é a través dos medios de comunicación", abundou.

Neste sentido, reiteraron a súa solicitude de entrevista co vicepresidente a Deputación, César Mosquera, e o deputado responsable de Cultura, Xosé Leal.

En nome dos traballadores os delegados de UGT Patricia García e Luís Seco transmitiron a "gran incerteza" existente no persoal ante a "falta de información".

Segundo explicaron, se o Museo volve ser un organismo autónomo os traballadores sairán "prexudicados" nas súas condicións laborais fronte ás "vantaxes" que supón formar parte directamente da Deputación en cuestións como promoción interna ou concursos de traslados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta