Beatriz Sestayo di que o cambio na lista de Mato "obedece ao sentir da asemblea"

Á secretaria xeral do PSOE de Ferrol non lle "consta" a posible renuncia de Anxo Mato por mor deste cambio na lista electoral, tras ameazar con iso no comité provincial se se modificaba a súa proposta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PSOE en Ferrol, Beatriz Sestayo, mostrouse satisfeita pola inclusión de Germán Costoya e Cristina Prados, integrantes da súa executiva, na lista que encabeza Ángel Mato á Alcaldía de Ferrol. Neste sentido, destacou estas "inmellorables achegas" e que "dan imaxe de fortaleza e de lexitimidade" á lista aprobada polo comité federal, que "obedece ao sentir da asemblea, da militancia, e de como funcionan as cousas neste partido".

Así o trasladou na sede do PSOE en Ferrol, nunha comparecencia ante os medios de comunicación acompañada de Julo Barros e Perico Pena. Sestayo valorou estas "boas noticias", e lembrou que as listas aprobadas polo comité federal, todas neste caso aprobadas "por unanimidade", "son as mellores posibles" para os próximos comicios.

Doutra banda, non lle "consta" a posible renuncia de Ángel Mato por mor deste cambio na lista electoral, tras ameazar con iso no comité provincial se se modificaba a súa proposta. "Non podo falar por Mato, pero estou segura que todas as persoas nalgunhas ocasións podemos dicir cosas froito dun momento, pero tamén estou segura que Ángel Mato antepón os intereses da cidade e a altura de miras, por encima de calquera contratempo, se isto pódese considerar así para el".

FERROL (PSOE Listas)
FERROL (PSOE Listas) | Fonte: Europa Press

A socialista asegurou que a candidatura estará "integramente traballando, con responsabilidade" e "co profundo arraigamento" á cidade de Ferrol, para que "desde xa se mostre o programa socialista para as próximas eleccións" para poder alcanzar "de novo un goberno socialista na cidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta