O derbi Dépor-Celta ferve na Rede

"#sempredeporcelta" é o hashtag nas redes sociais por Deportivo-Celta sen violencia. Unha iniciativa necesaria despois os cruces de ameazas entre as aficcións e as polémicas declaracións de dous dos seus ídolos, Djalminha e Iago Aspas.

Por Galicia Confidencial | | 10/11/2011 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

O domingo a partir das 20 horas Riazor vivirá o seu primeiro derbi dende 2007, cando o Celta descendeu a Segunda. A Comisión Permanente de la Comisión Estatal contra la Violencia, el Racismo, la Xenofobia y la Intolerancia en el Deporte acaba de declarar este partido “encontro de alto risco”. Agárdanse 1.500 seguidores do Celta no estadio, que estará cheo a rebentar porque apenas quedan 300 entradas.

Os seareiros chegarán ao Dépor-Celta cun ambiente mediático demasiado quente. “Bocazas” titulaba a toda plana Dépor Sport sobre unha foto do 'celtiña', a cabeceira de deportes herculina que controla o propio club Deportivo.

None

Os malos exemplos de Aspas e Djalminha

Iago Aspas sementeu a polémica ao comezo da semana ao confesarse en As “antideportivista”. O canteirán tamén gabou ao Wagner, cando nun dos derbis en primeira foi expulsado por vermella directa ao arrearlle unha pancada a Diego Tristán cando o deportivista protexía o balón para perder tempo e conservar un 0-3 do Dépor en Balaídos. Velaquí o vídeo do incidente, reproducido esta semana no blog dos Celtarras, os seareiros máis radicais da cidade olívica:
O adestrador do Celta, Paco Herrara, tentou quitarlle ferro a polémica, pedindo perdón no nome de Aspas e apelando á súa mocidade.

Un dos mitos da historia recente do Deportivo, o brasileiro Djalminha avivou máis o lume. Preguntado sobre a 'colleja' que lle deu nun derbi ao ruso Mostovoi dixo que “no me arrepiento. Fue tan bonita... ¡Cómo voy a arrepentirme!" "El partido estaba muy caliente. Ganar al Celta no era fácil y lo calentamos un poquito para cambiar el juego. Estábamos en nuestra casa y teníamos que ganar nosotros".


As dúas caras das redes sociais

Se os ánimos están quentes nos medios, estano aínda máis nas redes sociais. “Puta vigo, hay que quemar los autobuses con los vigueses dentro...”, é unha das mensaxes que se pode ler nun dos sitios onde comentan a miúdo seareiros dos Riazor Blues, os ultras do Deportivo.

En twitter un dos hashtags máis utilizados para discutir sobre a rivalidade A Coruña-Vigo é #onosoderbi. Un dos xornalistas de deportes da Radio Galega, Kiko Nóvoa, está a ter éxito "con este hashtag contra a violencia no clásico galego #sempredeporcelta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

2 Ghalleghocomaotoxo

Bueno carallo bueno! Isto é unha bravuconada de barra de bar coma moitas outras que se soltan ao longo do día. Non hai que darlle máis importancia. Ao fin e ao cabo, dicir disparates está ao alcance de calquera Alfonso Rueda descerebrado.

1 CeltistadoDépor

Digam o que digam, ser galego, e dizer-se anticeltista ou antidesportivista é ser um ESPANHOLISTA.

1 Teutonio

Xa estamos dando carnés de españolista????, nacionalista, celtista e antideportivista. É irracional, pero presta máis.

2 DesportivistadoCelta

O que é irracional é matar-nos entre irmaos, e ser tam valentes e combativos contra os da outra cidade galega, enquanto os de Madrid nos papam.

3 XanKaraLlás

Unha das propostas que debería levar o BNG no seu programa electoral é pedir a oficialidade das seleccións galega, vasca e catalana para participaren en todas as competicións.

4 Mago

pide-lhe pêras à maceira...