As axudas para a contratación de parados de longa duración pódense solicitar a partir do xoves

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 2 millóns de euros a esta convocatoria

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2019 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a convocatoria das axudas do programa 'Emprega Parados de Longa Duración', para as que destina dous millóns de euros para apoiar a formación e contratación de desempregados nas empresas galegas.

Segundo informa a Consellería de Economía, Emprego e Industria nun comunicado, o prazo de solicitude abre este xoves. Con estas axudas finánciase cun bono de formación ás persoas sen emprego que poidan responder as necesidades formativas do tecido empresarial. Ademais, ofrece incentivos ás empresas para impulsar a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa. O bono formación incentiva con 2.000 euros a cualificación dos traballadores que son contratados de forma inicial por 12 meses para que reciban unha formación mínima de 50 horas.

INCENTIVOS DE CONTRATACIÓN

No caso de que o contrato sexa indefinido, o bono incrementarase ata os 4.000 euros e a formación mínima terá que alcanzar as 70 horas.

No que se refire a os incentivos de contratación, as contías varían en función do programa, aínda que aumentarán nun 25% se a empresa conta con máis de 50 traballadores e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e noutro 25% no caso de que a actividade pertenza a un sector estratéxico.

Ademais, os apoios tamén aumentarán nun 25% para outros colectivos que conten con máis dificultades para atopar un traballo, por exemplo os emigrantes retornados ou se o centro de traballo está situado no rural.

DE 5.000 A 10.000 EUROS

As axudas bases  para a contratación de 12 meses a xornada completa dos parados de longa duración suman como mínimo 5.000 euros e pódense incrementar ata os 10.000 se se trata dun contrato indefinido.

'Emprega Parados de Longa Duración' pertence ao programa 'Galicia Emprega', co que a Xunta contribúe á formación e contratación de mulleres, mozos e persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión, ademais de parados de longa duración. Trátase de impulsar o traballo nos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego.

As catro liñas de axudas -Emprega Muller, Emprega Persoas con Capacidades Diferentes ou en Risco de Exclusión Social, Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Xuventude- financian os contratos asociados á posibilidade de mellorar a formación.

Oficina de emprego. EUROPA PRESS - Arquivo
Oficina de emprego. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta