Os mellores estudantes de Matemáticas de España reúnense en Ourense na LV Olimpíada Matemática

Serán case 80, dos que só o 12% son mulleres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2019 | Actualizada ás 09:37

Comparte esta noticia

Un total de 78 alumnos de ESO e Bacharelato de toda España reuniranse en Ourense, a partir deste xoves e ata o 24 de marzo, na LV Olimpíada Matemática. Este concurso é "un termómetro que permite medir, ano tras ano, o talento matemático do noso país", así o explicou o representante da Real Sociedade Matemática Española, José Luís Díaz Barrero.

O número de mozas que participan neste tipo de certames non adoita ser moi elevado, segundo subliñou José Luís Díaz Barrero. "Este ano, dos case 80 mozos que veñen, concretamente 78, só un 12% son mulleres", explicou.

Engadiu tamén que lles "gustaría que a participación de mulleres aumentase", pero que as cifras "son máis ou menos iguais en todos os países que organizan este tipo de concursos".

Este xoves, día 21 de marzo, recibirase aos participantes, profesores acompañantes e ao tribunal. Tamén se repartirán os cuestionarios co seis problemas aos distintos membros do tribunal para que teñan a oportunidade de estudar e analizar todas as cuestións, así como de propor criterios de corrección.

Matemáticas
Matemáticas | Fonte: Barande - Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta