Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/03/2019 | Actualizada ás 18:30
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou que o seu voto nos comicios do 28 de abril estará "dentro da coherencia". "E do noso espazo político durante este tempo", sinalou ao ser preguntado por que opción se decantará.
"Aquela que concorde cos intereses xerais das clases populares do Estado español e a que teñan en conta os intereses da cidade, que se xoga moito", respondeu.
Ademais, dixo que estudará os programas electorais, aínda que avanzou que o seu voto estará dentro da "coherencia" e no marco "do noso espazo político durante este tempo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.