Denuncian que o Sergas non facilitou a un paciente o consentimento informado en galego

Unha vez transcorrido o prazo sen recibir notificación algunha, este paciente estuda emprender accións legais para defender o seu dereito a ser informado documentalmente na lingua que elixa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2019 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que o Sergas non facilitou a un veciño de Vigo o consentimento informado para unha intervención cirúrxica en galego, que solicitou no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A Mesa sinalou que o paciente pediu en febreiro o escrito en lingua galega, pero que tanto o médico responsable como o departamento de administración dixéronlle que era imposible.

Despois de asinalo en castelán, posto que era imprescindible para ser incluído no rexistro e non perder dereitos na lista de espera, o paciente interpuxo unha reclamación ante a Unidade de Atención ao Paciente, na que esixiu a posta á súa disposición dun consentimento informado para a intervención cirúrxica nun prazo de 20 días hábiles, para que non se vulnerasen os seus dereitos lingüísticos.

Unha vez transcorrido o prazo sen recibir notificación algunha, este paciente estuda emprender accións legais para defender o seu dereito a ser informado documentalmente na lingua que elixa.

12 POR CENTO DE QUEIXAS EN GALEGO

O pasado ano 2018, a Liña do Galego tramitou 303 queixas, das que un 12% estaban relacionadas co Servizo Galego de Saúde, informa a Mesa. Desde a entidade de defensa da lingua destácase que "a administración autonómica con funcións e competencias para garantir estes dereitos non só abdica da súa responsabilidade, senón que é a primeira en incumprir as súas propias normas en relación ao galego".

A directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, lamentou que "este dato é máis unha evidencia dos pasos atrás que o goberno da Xunta está a dar nos últimos anos en relación ao impulso do uso do galego na administración e no respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía".

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Galeguiña

Eu non son dos que pido documentación en español porque non lle ando a tocalos kinder á xente, pero proben a pedir documentación en español nun colexio público ou nun IES. Pídana tamén nunha biblioteca pública, ou nun concello coma o de Santiago, Pontevedra ao Lugo, por poñer só algún exemplo. O español está desaparecido baixo sete chaves. Outra cousa é a consideración que se ten de quen protesta e para qué. Os que reclaman cousas como a do titular desta nova non teñen problema (protestan polos seus dereitos e son un exemplo de galeguidade e democracia. Os que fan o mesmo co idioma español, son chamados antigalegos, fascistas e cousas semellantes. Fagan a proba.

1 Españolistas dades noxo

Falantes dun idioma imposto a todos que queren pasar por vítimas. Sodes uns fascistas e uns cínicos.

2 Miles

Novidade! O galego no Sergas é coma o futuro do lince ibérico ou o oso cantábrico (e ogallá, o lince aínda se pode salvar, o galego xa está no punto crítico, os osos teñen máis posibilidades). Eu reclamo sempre pero son unha pinga nun mar de preguiza e deixarse ir. Falei coa CIG é vin exemplos lamentables que non esperaba atopar neles. É descorazonador.

1 Roi mHek

Seguramente foi Feijóo ou o conselleiro