Pedro Sánchez obtén a mellor valoración e Casado queda de cuarto, por detrás de Rivera e Iglesias

O líder peor valorado é o de Vox, cunha puntuación de 2,73.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2019 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

O actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez (PSOE), é o mellor valorado entre os candidatos ás eleccións xerais do 28 de abril, seguido de Albert Rivera (Ciudadanos), Pablo Iglesias (Podemos) e de Pablo Casado (PP), aínda que ningún dos casos alcanza o aprobado.

Así se desprende da enquisa elaborada por Sondaxe para La Voz, recollida por Europa Press, que deixa a Sánchez próximo ao aprobado, cun 4,64, unha centésima máis que a valoración obtida no traballo demoscópico publicado o pasado mes.

En cambio, o resto de rivais políticos saen peor valorados. A caída máis significativa sería a de Pablo Casado, cun descenso de 0,31 puntos, pasando do 3,40 logrado en febreiro ao actual 3,09, que o sitúa como cuarto candidato en valoración.

Por diante de Casado quedarían, en segundo lugar, Albert Rivera cun 3,46 --un 3,63 en febreiro-- e en terceiro, Pablo Iglesias, cun 3,39 de valoración.

A lista pecharíaa, como o peor valorado, o líder de Vox, Santiago Abascal, que protagoniza a segunda caída máis acusada, dun 0,16, para quedar nunha puntuación de 2,73.

Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próxim. Óscar do Pozo - Europa Press
Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próxim. Óscar do Pozo - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta