Rubén Pérez: "É o momento de construír a esquerda alternativa deste país"

EU está a desenvolver unha campaña moi activa na que chama á "rebelión". Rubén Pérez, candidato en Pontevedra, explica os obxectivos deste partido para o 20N.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 16/11/2011 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial (GC). As enquisas dan unha subida espectacular a EU. Confiades vós tamén en obter vos resultados?
Rubén Pérez (RP). Nunca valoramos enquisas porque como moi ben di o noso candidato á presidencia Cayo Lara as urnas están baleiras e todo é posible. O certo é que a proposta programática de EU-OV está chegando a moitos sitios onde facía anos non estábamos os candidatos e candidatas presentando propostas e solucións dende a esquerda. Con moitas limitacións de recursos pero cunha militancia exemplar e case "heroica" e cunha receptividade ás propostas de EU-OV notable.

GC. Sen embargo, en Galicia, a cousa segue difícil porque non hai perspectivas dun escano. A que credes que se debe isto?

RP. A lei electoral é perversa con EU. O propio Martín Villa, ponente da lei recoñece que buscou que os partidos, como no seu tempo o PCE con representación en todo o estado, tivesen una paridade votos-escanos moi desproporcionada. En Galicia o BNG usou ademais as crises da esquerda para usurpar un espacio electoral que era da esquerda, non do nacionalismo, que cando di "Galicia" refírese a unha idea de que patronal e traballadores temos os mesmos intereses ante os poderes fácticos do estado (o que eles chaman Madrid). É o momento sen dúbida de construír a esquerda alternativa deste país desenmascarando algunhas posicións oporturnistas pero confluíndo tamén con moita xente do ámbito do soberanismo.


GC. Credes que o BNG vos quita votos aquí?.

RP. Como dicía o BNG apropiou un espazo orfo dunha esquerda alternativa e plural. En Vigo por exemplo estamos recuperando ese espazo, incluso a nivel municipal nos barrios obreiros como Navia ou Teis EU está sendo a terceira forza en moitas mesas. Hai unha recomposición do espazo da esquerda e un desprazamento do BNG ao único espazo que é capaz de defender de xeito críble que é o modelo CIU-PNV e non o de esquerda alternativa.

O "sorpasso" en Ferrol

GC. Pregúntocho porque en Ferrol comprobouse que cando o BNG se afundiu, foi EU quen triplicou resultados.
RP. Ferrol é un exemplo pero tamén Vilagarcía. O BNG tocou moito poder municipal e autonómico para facer o mesmo que os outros partidos do "bipartidismo". Algo terá que ver neste "sorpasso" o feito de que podemos afianzar en Galicia que esa xestión do BNG non fose identificada como esquerda anticapitalista polos traballadores e traballadoras.
 

GC. Cales son as claves de EU nestes comicios?
RP. Financiar todo o programa de EU (sanidade, educación, emprego, desenvolvemento sostible...) require esencialmente ir a onde están os recursos, e dicimos que saen da alta taxa de fraude fiscal (maioritariamente do gran capital) que equivale ao 23% do PIB, pero tamén sae dunha fiscalidade xusta que equipare as rendas do traballo ás do capital evitando que sexamos os traballadores e traballadoras os que paguemos á crise. Hai unha aposta por crear 3 millóns de postos de traballo partindo do fin do proceso de acumulación de capital en mans dunha minoría. EU considera que foi demencial ser o país da OCDE onde o beneficio do capital foi máis alto entre 1980 e 2010 e os salarios creceron moi por debaixo deste capital, e por enriba aumentou o desemprego. Iso explica perfectamente o que Marx chamou "proceso de acumulación capitalista".


GC. E os obxectivos?
RP. O grupo parlamentario sen dúbida e un obxectivo prioritario pero EU quere que este sirva para dar a voz á mobilización social que fai falla neste país para mudar o modelo de desenvolvemento económico. Un grupo parlamentario forte pero baixado á realidade das rúas e das asembleas populares como o 15-M é o único camiño.


GC. Rebélate... Ese é o lema co que vos presentades. Un pouco guerreiro, non?

RP. Son tempos duros para os que fai falla rebeldía. A contradición capital-traballo aperta e as vellas fórmulas de loita de clase seguen perfectamente vixentes aquí, en Grecia ou Portugal....

"Revolución ampla e plural"

GC. Que revolución procurades?
RP. Esencialmente o que di a Internacional: "cambiar o mundo de base para os que os nada de hoxe sexan todo", unha revolución ampla, plural e multipolar pero que coincida inequivocamente no anticapitalismo.


GC. E como afectará o 15M á campaña?
RP. Nós estamos asistindo a canto debate ou proposta somos convidados polo movemento. Esta sendo exemplar a súa pluralidade á hora de convidar a tódolos partidos de igual a igual polo que creemos que a súa principal aportación é dotar de pluralidade á política deste pais. Neste aspecto é o que máis agradecemos á súa existencia e por suposto en denunciar o cadudo e inxusto sistema electoral.


GC. Hai quen di que vós seredes os grandes beneficiados dese movemento?.

RP. Do 15M é parte todo o ou a que queira ser parte, independentemente de militancia ou orientación política. Esa pluralidade fai converxer moitas propostas con IU outras non como o das listas abertas que nos consideramos á porta de entrada ao populismo (modelo GIL en Marbella) en política. Pero no esencial o acordo programático e propositivo é moi alto.

Os votantes "volven a casa"

GC. Tamén da previsible devacle socialista. Moitos dos seus votos tamén irán a EU... O iso din os inquéritos.
RP. En 2004 e 2008 o PSOE tomou moito voto de EU, que non era voto habitual do PSOE porque o medo ao PP era terrible, o propio Zapatero no 2008 dicía "que tomaba nota deste (mal chamado) préstamo de votos" e que polo tanto faría políticas de esquerdas orientadas a este electorado. Defraudados polas políticas de dereitas e servís da plutocracia comunitaria o votante de EU volve á confiar na forza que leva anos denunciando Maastrich, as reformas laborais, o sistema financeiro, etc... é un volta a casa que agradecemos ao electorado e que sen dúbida nós saberemos non defraudar.


GC. Con todo, a vosa subida chega no momento de maior fortaleza do PP. Isto non escoce un pouco?
RP. É lamentable que traballadores e traballadoras de este país vaian a votar ao PP pensando en clave de medo ao desemprego e a crise. Os culpables da crise son eles e nos incluso dicimos que 11 dos 14 posibles deputados que se xoga IU neste proceso xóganse co PP polo sistema de Hont, e de caer para o lado noso serían 11 deputados menos do PP, non do PSOE, polo que o voto útil neste caso é IU e quen sabe se eses 11 deputados serán definitorios para configurar unha maioría de esquerdas......


GC. E, persoalmente, como levas a campaña?
RP. Terrible porque teño un ERE temporal na empresa que traballo e non podo ter suficiente tempo como noutros procesos. Ademais o crecemento organizativo de EU lévanos a facer moitos quilómetros e multiplicar os actos e foros. Todo o esforzo se fai cunha ilusión tremenda pero cun esforzo titánico


GC. Sen embargo, non se che ve moito nos medios de comunicación?. Cres que hai monopolio mediatico tamén nos comicios?
RP. Sempre, aínda que agora cremos que a maior dificultade é que os medios recurtan plantillas (hai menos xornalistas e fotógrafos) e a pluralidade vese afectada dobremente xa que non hai plantilla para tanto acto electoral. Pedimos públicamente que se aumentara plantilla aos medios, sobre todo cando reciben cartos institucionais inxentes pero parece que nada se move. O exemplo de pluralidade o estades dando os medios dixitais. O maior instrumento que ten hoxe en día EU é a rede e por suposto o pateo da rúa.

GC. Un desexo para o 20N
RP. Converter a indignación en voto rebelde, nunha forza alternativa modulando o bipartidismo brutal que vivimos neste país. E sobre todo ademais de votar participar activamente na sociedade civil, nos movementos sociais, nos sindicatos de clase e polo tanto en construír un novo mundo.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

15 corunhes

E muito interesante o que di de falar co soberanismo. Polo menos estes nao tenhen problema ninhum nesta unidade, nao como os senhoritos do BNG.

1 Un do Castrilhón

Home, falar falarán que o falar non ten cancela, pero mais ala de un federalismo estos non vos van apoiar, ou non les os seus afundamentos?

14 Xanc

Este señor dixo nunha entrevista que o BNG tiña que decantarse: ou esquerda ou Galicia.Vostedes que prefiren? Esquerda verdade? Eu prefiro 1º Galicia e logo esquerda. Pero non creo que as políticas do BNG sexan incompatibles nin coa esquerda nin con Galicia. Exemplos: dación en pago de vivenda (iniciatica do BNG, non esquezades!), pagos á SS dos clubes de fútbol, NON apoio ao fluxo de cartos á Banca, Caixa Pública Galega, etc, etc. Izquierda Unida? A remolque

1 mareque

A túa pregunta, tan simple, ten trampa. Non hai que escoller entre esquerda e Galiza, e cando a plantexas -e te posicionas- evidencias que non es de esquerdas (do mesmo xeito que os de EU non son nacionalistas galegos, por igual razón). Entón so nos queda desexarche que o pases ben co teu BNG de dereitas (en complicidade co PSOE, por se cae algo).

2 Xanc

A pregunta non é miña, é deste pseudocomunista. Lea a nova en Faro de Vigo. Eu creo que non incompatibeis GZ e esquerda. Eu, digo. Este señor parece que ten que se ve nesa disxuntiva.

3 galego coma ti

se o patrón nos fode en galego, fodenos menos ¿non?. saúde

13 Crespo

No podeis pretender hacer girar a la izquierda al PSOE cuando no son capaces de controlar a vuestros concejales y diputados. Lo que no entiendo es que esperan Llamazares y los suyos a irse de ese camarote de los hermanos Marx en el que se ha convertido IU: no se puede hacer un discurso izquierdista y practicar la pinza con el PP. Bien por Sabanés con la que tuve el gusto de militar en una organización que ya no convence a casi nadie

12 Susavila

Hai un erro monumental: as eleccións non son presidencialistas, polo tanto non é un candidato á presidencia. Unha mentira que descobre o farsantes que son os de EU, igual que o BNG e os seus retratados (co Guillerme de protagonista -penoso, hai que dicilo- sen ser candidato), e dos Rubalcabas e Rajois mellor non falar. A presidenta da España é unha señora da Alemaña, que obedece aos mercados... O resultado do 20N deixou de ter interese despois de ver o acontecido en Grecia e en Italia. Sigan xogando vostedes á política democrática, eu paso.

1 galego coma ti

mellor quedarse na cas e aprender aleman, ¿non si?

11 Fox

Pero que carallo vais a construir vosotros los de las izquierdas, sino hacéis más que arruinar países. Menos mal que en Galicia fuimos listos y solo gobernaron 4 años.

1 isatis

...ven Toby ..ven..ala pasa pra caseta lamer no oso, que hoxe xa ladraches...ti adicate o cemento que é o teu e non te metas nas conversacións dos maiores....moi ben, bo canciño..ala a roer..

2 FOX

¿A roer? A roer vas tu pero oito anos como minimo no dique seco. A rañala.