Galicia axuda a Namibia a mellorar a investigación pesqueira para unha xestión sustentable dos recursos

O Centro Tecnolóxico do Mar colabora co Ministerio de Pesca e Recursos Marítimos do país africano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2019 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O Centro Tecnolóxico do Mar colabora co Ministerio de Pesca e Recursos Marítimos de Namibia nun proxecto financiado pola Consellería do Mar que, co apoio técnico do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía, traballa na mellora da investigación no National Marine Information and Research Centre (NatMIRC) --Centro Nacional de Investigación e Información Marítima-- namibio e da avaliación e a sustentabilidade dos recursos pesqueiros do país africano.

Galicia colabora con Namibia na mellora da investigación pesqueira para unha. XUNTA DE GALICIA
Galicia colabora con Namibia na mellora da investigación pesqueira para unha. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Un dos obxectivos desta iniciativa, que comezou o pasado exercicio e que durará tres anos, é o fomento do diálogo entre a comunidade científica e o sector da pesca sobre cuestións de interese mutuo e que redunden na mellora da avaliación dos recursos pesqueiros. Así, programáronse unha serie de talleres que pretender servir como plataforma de encontro e debate.

O primeiro deses talleres, organizado pola Fundación Cetmar, desenvolveuse este luns na sede do NatMIRC en Swakopmund, co obxectivo de mellorar a xestión da pesca, introducindo os datos do palangre no modelo de avaliación.

Coa execución deste novo proxecto, o Centro Tecnolóxico do Mar retoma a súa colaboración co Goberno de Namibia, co que xa traballara desde 2008 en diferentes proxectos tamén relacións co fortalecemento da capacidade do seu Centro Nacional de Investigación e Información Marítima no relacionado coa xestión da pesca e coa colaboración de Cooperación Española.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta