Expulsado Guardia Civil por declararse "máis galego que español"

O Supremo ratifica a expulsión dun mozo galego da Guardia Civil por cuestionar publicamente algúns dos paradigmas da Benemérita. PDF da sentencia no interior.

Por Galicia Confidencial | Jaen | 17/11/2011 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Xustiza militar acaba de ratificar a sentenza contra o Garda Civil alumno Miguel Limia. Segundo os xuíces, Limia cuestionou a necesidade de xurar a bandeira de España cando estaba na Academia de Baeza. A sentencia di que argumentou que Galicia é unha nacionalidade como o contempla a Constitución e que " no entendía porque tenía que Jurar Bandera si es más  gallego que español".

Segundo adiantou Rafael Abolafia en Diario Jaen, os xuíces consideran as actitudes de Limia “impropias de quien acaba de ingresar en la Academia de la Guardia Civil y pretende formar parte de este prestigioso Instituto Armado de naturaleza militar”.

O Guardia Alumno, segundo a sentencia, afirmara que se negaría a dar a súa vida pola Patria, aínda que si o faría por un cidadán. Tamén comentara aos seus compañeiros a súa intención de ingresar na Policía Nacional para logo poder servir no corpo adscrito á Xunta. “Estos comentarios escandalizaron a sus compañeros (...), afectan al deber de integridad y dignidad impuesto a las Fuerzas de Seguridad y a los valores morales de ejemplaridad y buen nombre de la Guardia Civil”, conclúe a sentencia.

O preito comezou en 2009 cando o galego estaba a punto de ser nomeado Guardia Civil. Limia foi expulsado da Benemérita e recurriu a sentenza, que agora ratifica o Tribunal Supremo. Velaquí o PDF do ditame do Supremo.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

10 Teresiña

Entrou na OT dos picoletos pensando que era ejpañol ejpañol ejpañol, e, aos poucos días de convivir cos ejpañois de Ejpanña descubríu que él, de español non tiña nada de nada. Descubríu que era galego de Nación. Estaba visto.

1 Xaime

Probablemente pasou iso mesmo. Quizais foi alí connvencido da sua españolidade pero basta ter un mínimo de dignidade e sentido común para convencerse do contrario. En Jaén sabendo como son moitos andaluces (Lembrade caso Wanninkhof), españolismo rancio e ver novas como a aldraxe de hoxe a Ezequiel Mosquera. E que se non acabas convencido de que galego e español son identidades nacionais diferentes e incompatribeis, é que che faltan un par de ferveduras.

2 Manoliño

Ou blanco ou negro. Para vós nunca hai grises. Fácil-fácil, doadísimo. Polo común, para min que a realidade é mais complexa. En 1º lugar ¿como que Galicia e España son dúas realidades "nacionais" diferentes E INCOMPATIBLES? Que flipo, vamos. Somos diferentes nalgunas cousas e temos puntos en común con outras, pero vamos, o mesmo que coruñeses e composteláns somos diferentes e non necesariamente incompatibles. En segundo lugar, unha nación é unha entelequia cando os seus "nacionais" non se recoñecen nesa suposta realidade "nacional". Polo tanto, a ver se nos deixamos de pallas mentáis, que xa cansan, e nos imos á Constitución e o TC que din que aquí a única nación é a española. E o demais son coñas para pasar o tempo.

3 Manuel P.

Si si, no 80 o TC dicía que o divorcio era legal, hai países onde a constitución di que a muller non ten capacidade para decidir, para abrir unha conta, países onde o TC tolera a explotación infantil, democracias "consolidadas" que pèrmiten unha e máis aberracións e como di Manolito el del pito, xa sabedes a calar e non opinar que o di o Tribunal Constitucional. Pois eu pásome a constitución polo forro das pelotas e a ti....

4 Xaime

Manoliño, vaille con ese conto a Eze Mosquera e dille que no fondo el é tan español coma Contador... a ver que che responde. Logho nos contas.

9 Homenaxe e punto.

Cando haxa un día unha policia galega (Garda Galega), habería que poñerlle o nome deste señor ó primeiro cuartel.

1 1º garda galego

:))))))))))))

8 Español y punto

Ya está bien galleguistas de los cojo.... una persona que no es capaz de dar la vida por la patria es una escoria humana. Siempre con gilipolleces inchándoles las pelotas a la gente de bien con tonterías. Me alegro particularmente de la guardia civil no se llene de galleguistas, puesto que su función es controlar a esta escoria

1 corunhes

Eu son garda civil e galeguista, pensas que non é compatibel?

2 Pardo de Cela

O que é ser escoura humana ou deficiente mental é que alguén "dea a vida" por unha patria que non é a súa propia. Neste caso houbo un galego consciente de que a súa única patria é Galiza e non o Reino de España. Por outro lado consciente da obviedade do carácter nacional de Galiza.

3 Costadamorte

A Pardo de Cela, iso non é necesariamente ser rscouta humana ou deficiente mental..., si o fas pola paga é simplesmente ser un mercenario, (ou logo que son a maioría dos soldados de exercito Español que morren de cando en vez mo Afghanistan?...)...

4 persona normal

Hola, si tan español eres aprende que hinchado es con H, vas a dar tu vida por una patria de la que no sabes ni escribir el idioma? Me sorprende que aún queden personas tan necias dispuestas a dar la vida por la patria, raya lo absurdo.

7 Manoliño

A Chacón desestimou os recursos do alumno ¡cómo sería que até a Chacón desestima as súas alegacións! Coa desestimación vai aos tribunáis que dan a razón á ministra.

1 PasabaPorEiqui

Pois buscando mais información sobre isto, noutros medios engaden declaracións do individuo, mais aló de non querer xurar a bandeira. Por exemplo, nos desfiles da banda, dicindolle a un compañeiro que non se emocionase tocando a música da "súa **** patría" e comentarios así. Vamos, que o raro non é que o votasen, o raro é que pensando así se apuntase el para entrar na garda civil. PD: Tamén polo visto tiña pensado renunciar en canto que aprobase.

6 komunista

Txakurras Kanpora!!!