Expulsado Guardia Civil por declararse "máis galego que español"

O Supremo ratifica a expulsión dun mozo galego da Guardia Civil por cuestionar publicamente algúns dos paradigmas da Benemérita. PDF da sentencia no interior.

Por Galicia Confidencial | Jaen | 17/11/2011 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Xustiza militar acaba de ratificar a sentenza contra o Garda Civil alumno Miguel Limia. Segundo os xuíces, Limia cuestionou a necesidade de xurar a bandeira de España cando estaba na Academia de Baeza. A sentencia di que argumentou que Galicia é unha nacionalidade como o contempla a Constitución e que " no entendía porque tenía que Jurar Bandera si es más  gallego que español".

Segundo adiantou Rafael Abolafia en Diario Jaen, os xuíces consideran as actitudes de Limia “impropias de quien acaba de ingresar en la Academia de la Guardia Civil y pretende formar parte de este prestigioso Instituto Armado de naturaleza militar”.

O Guardia Alumno, segundo a sentencia, afirmara que se negaría a dar a súa vida pola Patria, aínda que si o faría por un cidadán. Tamén comentara aos seus compañeiros a súa intención de ingresar na Policía Nacional para logo poder servir no corpo adscrito á Xunta. “Estos comentarios escandalizaron a sus compañeros (...), afectan al deber de integridad y dignidad impuesto a las Fuerzas de Seguridad y a los valores morales de ejemplaridad y buen nombre de la Guardia Civil”, conclúe a sentencia.

O preito comezou en 2009 cando o galego estaba a punto de ser nomeado Guardia Civil. Limia foi expulsado da Benemérita e recurriu a sentenza, que agora ratifica o Tribunal Supremo. Velaquí o PDF do ditame do Supremo.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

5 komunista

Txakurras Kanpora!!!

4 Anxo

en q porcentaxes se sinte galego e español? Velaí un debate importante ;)

3 Antón

Fora as forzas represivas e torturadoras da nosa patria que non é a déles.

2 Nilo

Normal era un nacionalista e na Guardia civil son non-nacionalistas.

1 Xanti

JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA

2 Nilo

Riste pero este discurso de nacionalistas son os galegos e os nacionalistas españois son xente normal non nacionalista está instalado na ideloxía, sen esaxerar moito, no 60% dos galegos ou máis.

3 Andamolho

Nilo que fumache!!!! hahahahaha ti tambem eres espaÑol espaÑol espaÑol!!!

4 Nilo

Xa, non ten sentido ningún, pero está instalado na dialecta e no discurso dominante. Repiteno a todas horas pola tele, cando o presentador dun telexornal en españa di nacionalistas tense que excluir ao nacionalismo español. Hai unha entrevista moi boa onde Aznar lle explica a un entrevistador anglosaxón que o nacionalismo español non existe e o pobre xornalista quédase sen saber que dicir pensando se Aznar non é ben ou se lle está tomando o pelo. Pero, a xente pensao, e en Galicia máis que en ningún sitio.

1 Andamolho

Um tipo inteligente e normal que não o queiram na Guardia "Civil", parabéns Limia deixachelos fora de jogo, que vaiam o caralho!!!Força Galego Bom e Generoso!!!