Temas: SECA ENCOROS AUGA

Os encoros galegos perderon 62 hectómetros cúbicos de auga e están por debaixo do 70%

O encoro de Miño Sil, as reservas caeron ata o 65,61% da súa capacidade. Na última semana perdeu 48 hectómetros cúbicos de auga, e queda en 1.988.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2019 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

Os encoros galegos perderon, por segunda semana consecutiva, reservas de auga. Así, segundo os últimos datos ofrecidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco), as concas galegas acumulan 2.484 hectómetros cúbicos de auga, 62 menos que o pasado martes, e sitúanse ao 66,88% da súa capacidade.

No encoro de Miño Sil, as reservas caeron ata o 65,61% da súa capacidade. Na última semana perdeu 48 hectómetros cúbicos de auga, e queda en 1.988. Son 435 hectómetros cúbicos menos que hai un ano, e tamén é un dato peor que o da media do últimos dez anos (2.289).

En canto á conca de Galicia Costa, as reservas están en 496 hectómetros, un 72,51% da súa capacidade, o que supón que se perderon 14 hectómetros cúbicos con respecto aos rexistros de fai sete días. As reservas están máis baixas que hai un ano (608) e que na media da década (524).

No conxunto de España, a reserva hidráulica situouse no 58,1% da súa capacidade, con 32.627 hectómetros cúbicos, 218 menos que a pasada semana e 2.352 menos que o pasado ano. En comparación coa última década, hai acumulados 6.962 hectómetros cúbicos menos.

Encoro
Encoro | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Temas: SECA ENCOROS AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta