Convocada a cuarta edición do certame de música 'Quero Cantar'

Os participantes neste concurso infantil e xuvenil poderán enviar as súas maquetas ata o 15 de outubro

Por E.P. | A CORUÑA | 27/03/2019 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña convocou a cuarta edición do certame de música infantil e xuvenil 'Quero Cantar', segundo informa o organismo provincial.

Ata o 15 de outubro, ás 14,00 horas, poderán enviar maquetas todas aquelas bandas e solistas, tanto infantís como xuvenís, que desexen participar nesta convocatoria.

Sobre este certame, a institución provincial sinala que, en anteriores edicións, "naceron algunhas cancións que conseguiron traspasar os marcos do concurso para converterse en temas de éxito entre a xente nova".

A Deputación da Coruña convoca a cuarta edición do certame de música 'Quer. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña convoca a cuarta edición do certame de música 'Quer. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta