Caen por un barranco no Barco e saen feridos leves

Foron catro persoas que se precipitaron por un "desnivel de bastante profundidade".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/03/2019 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas despois de caer o turismo no que viaxaban por un desnivel "de bastante profundidade" cando circulaban pola estrada que une as parroquias de Alixo e Sobradelo, no Barco de Valdeorras (Ourense), informou o 112.

Para rescatar aos ocupantes do coche foi necesaria a intervención dos bombeiros, xa que o vehículo "quedou colgado dunha árbore e corría o risco de seguir caendo", relatou o 112 Galicia.

A pesar do impacto, as catro persoas resultaron feridas leves, pero igualmente foron evacuadas a un centro hospitalario, sinalaron as mesmas fontes de emerxencias.O sinistro produciuse pouco despois das 19,30 horas deste mércores. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada de auxilio dun dos ocupantes do turismo.

Por iso, alertouse do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Valdeorras, que tiveron que botar man do material de excarceración para estabilizar o vehículo e poder rescatar aos ocupantes.

Ademais, solicitouse a intervención e dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos membros do GES da localidade co fin de prestar a súa colaboración neste operativo.

Accidente
Accidente | Fonte: GUARDIA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta