Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 14:30
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manifestou este xoves en Madrid que espera pechar "nunha semana ou dez días" o novo modelo para Atención Primaria en Galicia.
Almuiña interveu este xoves nun coloquio en Madrid no marco do II Xornadas de Atención Primaria organizadas polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos, onde o titular de Sanidade expuxo o seu modelo para este nivel asistencial que confía en "pechar nunha semana ou dez días", informou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa.
"Temos recollidas accións a curto, medio e longo prazo, e, delas, ao redor dun 40% son a curto prazo", lembrou o conselleiro de Sanidade en relación ao documento. Na súa intervención neste foro, o titular de Sanidade da Xunta remarcou que para o Goberno galego "a nova Atención Primaria é unha prioridade".
"E imos seguir traballando nos próximos meses para ter resultados canto antes, posto que a Atención Primaria é o servizo mellor valorado pola cidadanía e queremos que o siga sendo nos próximos anos", abundou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.