Máis Galiza pide un cambio de mensaxe e de líder no Bloque

A UPG advirte que non tolerará máis "actitudes deslixitimadoras", ás que culpa do estancamento do 20N. O BNG fuxe da autocrítica nunha carta a militancia.

Por Walter Burns | Santiago | 22/11/2011 | Actualizada ás 23:33

Comparte esta noticia

Unha das críticas recorrentes da cúpula do BNG aos medios é a suposta énfase en destacar o debate interno dentro da fronte. Desta volta a polémica xerada polo estancamento dos resultados nas eleccións xerais é tan notoria que resulta imposíbel imputala a maquinacións externas.

Na próxima Asemblea Nacional do 28 e 29 de xaneiro está en xogo o futuro a medio prazo da fronte. Non só pola nova advertencia dos Irmandiños, que insisten nunha refundación e volta ao asemblearismo como única alternativa a marchar do Bloque. Tamén polo renovado desafío de Máis Galiza ao liderado da UPG e polas críticas dos comunistas ante a suposta deslealdade dos seus compañeiros na fronte.

None

A UPG advirte que non tolerará "actitudes deslixitimadoras" do que vote a maioría

O partido maioritario no Bloque fixo pública a súa análise do 20N a través dunha editorial no dixital Terra e Tempo. Ao contrario que o voceiro nacional ao que apoia, a UPG non cualifica o resultado de "moi bo", pero si destaca o mantemento dos dous deputados nunha contorna supostamente adversa.

Tres son, na súa opinión, os factores que impediron captar votos do PSOE: a "carencia de cohesión interna que aparece magnificada para fóra", o "déscrédito e a frustación derivada dalgunhas experiencias de goberno" e a "política informativa, en medios públicos e privados, tan descaradamente agresiva e manipuladora, cando non ocultadora, coa alternativa nacionalista".

Noutras palabras, a UPG argumenta que críticas constante como as de Beiras, o recente e polémico paso polo poder na  Xunta liderado por Quintana e a suposta  persecución dos medios ao Bloque impediron medrar cando o PSOE emborcou.

Para o partido que lidera Francisco Rodríguez a recuperación pasa por "restaurar a unidade interna". E tamén lanza unha advertencia que parece unha invitación a marchar aos que non acaten o que vote a maioría dos militantes pois sinala que cómpre unha dinámica "onde non se permitan comportamentos e actitudes deslexitimadoras das decisións democraticamente tomadas".

Máis Galiza acusa a Guillerme de "triunfalista"

Unha interpretación que difire coa de Máis Galiza, a segunda corrente máis numerosa na fronte e máis próxima ao centro. "E precisa unha análise moito máis profunda e autocrítica do resultado electoral que a excesivamente triunfalista realizada polo Portavoz Nacional do BNG e refrendada por unha parte da Executiva", argumenta o Consello Nacional dos 'exquontanistas'.

O partido que lidera Carlos Aymerich entende que a lixeira caída de sufraxios "parécenos especialmente grave nun contexto no que o PSOE en Galiza perde 300.000 votos, que foron parar  en menor medida a Esquerda Unida (cun importante repunte no noso País) e en maior medida á abstención".

Para Máis Galiza o Bloque saiu tocado do 20N porque "non só non foi capaz de capitalizar ese voto descontento do PSOE, senón que mesmo perdeu parte do seu electorado", especialmente entre os máis mozos. O BNG perdeu case 30.000 votos e unhas décimas de porcentaxe de votos válidos.

E cal é a alternativa do grupo do voceiro parlamentario do Bloque? A solución pasa, na súa opinión por "cambios políticos, organizativos, de mensaxe e de liderado" para atraer novos votantes.

Táboas entende que se marcha Guillerme debe marchar toda a Executiva

O chamamento da UPG á unidade do Bloque e a conformación dunha lista integradora para a próxima Asemblea Nacional xa se pode desbotar a esta altura. Haberá guerra por captar cada un dos votos dos afiliados e lograr así, o liderado do nacionalismo.

A primeira batalla desa guerra será este sábado, onde o Consello Nacional deberá tratar a posta a disposción do cargo realizada por Guillerme Vázquez. O político pontevedrés xa aclarou que non pretende dimitir, só demostrar que el non vai ser impedimento algún para a unidade do Bloque.

Cuestionada sobre o futuro de Guillerme, a deputada e ex-conslleira Teresa Táboas dixo este martes que no Bloque non hai cargos unipersoais polo que, de ter que asumir responsabilidades polos resultados do 20N, debería dimitir toda a Executiva.

Carta aos afiliados sen autocrítica

Iso si, mentres agroman as críticas cruzadas entre as correntes, de portas para fóra o BNG, cuxo apartado goberna democraticamente a UPG, tenta transmitirlle aos seus afiliados unha análise positiva do resultado do 20N.

A fronte mandou hoxe unha misiva a todos os seus militantes na que non hai autocrítica. Na carta Guillerme Vázquez volve a insistir na mala influencia dos medios no electorado nacionalista ao lembrar que "despois das eleccións municipais de Maio deste mesmo ano publicáronse diversos artigos e mesmo estudos con prospección de voto en que se anunciaba a desaparición do Bloque Nacionalista Galego do Congreso". Por iso di que "podemos celebrar lexitimamente (...) que Galiza terá voz no Congreso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 139 comentarios

10 Xan Vázquez

Todos criticamos moito. Pero cando hai que soltar cartos para un ou varios xornais, ninguén sabe onde están os nacionalistas. Así que Beiras o que ten que facer é irse e crear un partido ou unha fronte con independentistas e o BNG ir por vieiros constitucionais. Nin máis nin menos. Unha cousa moi importante: A xente da minha contorna (familia e outros) votan ao PP e algún ao PSOE. É o que hai. E Beiras sábeo e o BNG tamén. Tanto berrar de portas para fora. E o que pasa é que a ignorancia da minha contorna, si a estendemos a Galiza, é moi superior ao que podamos dicer ou opinar dende aquí. Gustaríanos que este fose un país distinto. Pero non é así. É un país atrasado, emigrante, provinciano e, polo tanto, reaccionario. Hai unha parte pequena que non o é. Pero é unha moi pequena parte.

1 GALLEGUIÑOS

Asi é, como gustalle aos Mesetarios, un pais de GALLEGUIÑOS, o para que todos o entendan un pais de Manueliños

9 MandaCaraglio

E Táboas, se é da Executiva, por que nom demite ela primeiro??

8 Antón

Está é a alternativa que vai dala cara contra as reformas da ultradereita? Meu Deus, se semellan un grupo de maruxas nos tendais dun patio de vecindario, quédaralle algo por decir cando o congreso? é os comentarios infantiloides? tal para cál, ante políticos coma estos sin mais altura de miras que o embrigo resoan as verbas do camarada Timosenko: se hai que morrer se morre, o caso e facelo pola causa xusta, morren os seres humans non as ideas.

1 turin

Tendais???????????????????????????? estos??????????? se morre???????????

2 Manuel P.

humans??? en galego é humanos pero vexo que vasi ser inuti chegar a un acordo, pois eu non son camarada teu nin nada que se lle pareza...

3 ohh

decir?????????????

4 Antón

un burgués lonxe de ser un camarada sempre será un enemigo, José Mª Pemán do galego.

7 can palleiro

Os españolistas pepeiros de esquerda hundida de Lacayo Lara e chiripitifláuticos adquiren decencia facendose pasar por ex bloqueiros desncantados, non dan o cante nin nada os trolls de marras! a rañala acomplexados!

1 Manuel P.

Ja ja ja, non son exbloqueiro, de feito atoparasme da vindeira asemblea, se o que queres é que demos nomes reais para facer "limpeza", eso que parece ser ao único ao que alcanza a vosa pequena cachuchiña vas dado. Sempre co mesmo, que se somos es-bloqueiros, do PSOE, de IU.... A culpa non foi de ninguén, nin do povo galego, nin dos traidores, nin do cha cha cha... A culpa é unicamente vosa que sodes os que levades mangoneando durante décadas a organización, á culpa é dos UPEGALLOS. Vaino asimilando porque vos esperan anos moi escuros e de buscar traballo de verdade ¡vividores!

2 Rayleigh

Pois se vas estar, a ver si algún pide a disolución dos partidos do BNG. Razóns? Non ten sentido ter 2 amos. Esa organización está completamente desfasada tendo o 80% dos militantes que non pertencen a ningún deles. Remataríase a suposta división que tanto usan os inimigos para atacar ó BNG. E aparte disto, pasar ó ataque e non a defensiva como leva anos o BNG facendo propostas e atacando ó PP. E se hai que sair nas follas parroquiais dunha igrexa para que nos coñezan, pois se sae.

3 ADIANTE BNG

Gustame o teu post Rayleigh, "facendo propostas e atacando duramente o P.P.", e si non que o que fixo o P.P. para gañar as eleccions, mais que atacar duramente. Iso chamase "MARCAR OS TEMPOS", o PSOE vai pasar tempo ata que poda coller folgos, polo tanto esa é a oportunidade do BNG.

4 Rayleigh

Xa..pero hai que marcando os tempos atacando o PP que son os que mandan. Non se pode estar xogando todo o tempo, o xogo de o gato e o rato co SOE, mentras que os do PP a velas vir como nos esnaquizamos e eles vanse de rosiñas. E máis sabendo como o están facendo. O obxectivo último do BNG ten que ser GOBERNAR Galiza e non muleta do SOE. Iso é o que se perdeu durante estes anos. Tranquilo adiante..se nos facemos coa alternativa ó PP, non te preocupes que os socialistas daralles un ataque de cornos e poderemoslles dar algo a súa conta.

5 RIPPrensagalega

Si oh si. A culpa sempre é dos mesmos, os demais están por enriba do ben e do mal, non sí?, ManuelP. O problema estará sempre no mesmo, que non se acepta o que decide a maioría en asemblea. Claro se a posición maioritaria é a que defende a U non é lexitima e da dereito a criticar publicamente e insultar que total eso non afecta ó electorado do BNG. A maioría da militancia do BNG, si, a maioría, esta errada. Rayleigh, se coa disolución dos partidos que conforma o BNG se resolvese a división estou seguro que maña mesmo estaba feito, pero dáme que ese non é o problema, despois habería que pediría a disolución de persoas....

6 Rayleigh

Non RIP,,,por que moitos viven delo. Permite marcar quen son os meus, e mesmo quen critica non lle interesa por que perde a metade das críticas cara o BNG. Non reduzas o absurdo...non se pode ter unha organización baseada na unión duns partidos cando o 80 % dos militantes desa unión non forman parte dela. Se están no BNG é por que se supón que teñen obxectivos comúns, ideas comúns e forma de levalas a cabo comúns. Polo que non ten sentido ningún a división en partidos. A ver se superamos esa fase. A xente non vota UPG, EN, MGS..VOTA BNG. E as liortas internas por poder, son moi contraproducentes.

7 Merens Ribao

Xusto Rayleigh, as liortas polo poder son malas, e no BNG só hai lios por ocupar praza, por colocarse. Se o debate fora ideolóxico sería bo, necesario e enriquecedor. Pero négase a crítica, medran os obedientes, os que non teñen oficio nin beneficio (os homes e mulleres de Paco, para entendernos). E así a xente tampouco vota BNG, pois queda claro alí onde toca poder que o obxectivo é o mesmo que o do PPSOE: encher o peto dos do partido. Xa coñecemos o raposo. Os que fiquedes dentro ou sodes parvos demais ou estades a quitar tallada. Fóra fai frio, pero pódese sobrevivir con dignidade. Hoxe querer transformar o BNG é igual de imposible que facelo co PPSOE, así que menos contos para inocentes...

6 XORNALISMO

O de ter todos os xonais Galegos enconra (especialmente La Voz de Galicia), non son mais que escusas de mal pagador. Xa coñocemos todos que estan ao servizo do nacinalismo Español, esto é asi de sempre, e sin non, como explican que Amaiur va camiño de ser a primeira forza en Euzkadi.

1 Pois si que estás informado

Amaiur nin de coña vai superar nunca ao PNV. Coñeces un xornal chamado Gara? Se o BNG tiver unha cousa asi, outro galo cantaria.

2 Amaiur

Gara o mercan os da parroquia Batasuna, e sin ningunha posibilidade de mediatizar aos letores. Os xornais como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, estan en mans do PP. Ademais, que pasa, que non tivo 300.000 votante o Bloque?. Porque non fixeron nada por facer un xornal. Moito Galiza, pero cando hay que poñer cartos, parece que todos ten cocodrilos nos petos. Tempo o tempo, pero cando o P.P. di que non van falar con Amaiur, a xente en Euzkadi va a voltarse mais Amiur que nunca.

3 Comunista

e que para ser un troll, non fai falla estar informado con ser un troleiro chega.