A oportunidade de Rianxo

O pavoroso incendio de Dodro e Rianxo pódese considerar unha traxedia ou pódese ver como unha traxedia... e máis unha oportunidade.

Por Marcelino Fdez. Mallo | A Coruña | 01/04/2019

Comparte esta noticia
Este será o meu artigo máis curto porque non son palabras o que se necesita senón vontade. 
En setembro de 2013, publicaba neste mesmo xornal unha colaboración baixo o título Lumes e lumes. Nel procuraba diferenciar os incendios de plantacións de eucaliptos dos lumes nos bosques autóctonos. Non son o mesmo, nin antes nin agora. 
 
Entre Dodro e Rianxo queimáronse máis de 1.000 Has. cubertas principalmente de eucalipto. Podemos deixar que o monte se volva inzar desta especie exótica invasora ou podemos facer algo distinto. Podemos poñernos de acordo nun proxecto de rexeneración real do medio natural. Podemos estudar cales serían os mellores cultivos –forestais e agrarios– neses terreos nos eidos económico, ecolóxico e social. E consensuar entre os distintos axentes involucrados a fórmula óptima para levalo a cabo. 
 
Que axentes? Os Concellos como promotores e coordinadores. Os propietarios dos terreos a alugar ou explotar. Os profesionais agrónomos. As cooperativas agrarias e forestais. As sociedades presentes na cadea de valor dos produtos agrarios e forestais. Idealmente, a Xunta habería apoiar un proxecto así; é a súa obriga inda que tantas veces a desprece en beneficio de grupos privados afíns. En función dos resultados do 28A, o goberno central podería ser un importante axente colaborador, e mesmo a Unión Europea a partir do 26 de Maio. 
 
Velaí queda o reto. Sería o primeiro proxecto da imprescindible  deseucaliptización de Galicia. Ou podería continuar todo igual e daquela sería so un grande incendio máis. 
 

Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro
Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Marcelino Fernández Mallo Economista coruñés con ampla traxectoria no sector financeiro galego e no mundo Internet. Colaborou con medios de distinta liña entre os que cabe salientar Vieiros, a Radio Galega e Xornal de Galicia. É autor das novelas Pallarega, A trenza ou Klásicos. Mantén o blog Atrenza.
@pallarego