Por Europa Press / Redacción | MADRID | 01/04/2019 | Actualizada ás 09:23
Abril comeza este luns con posibilidade de precipitacións no sur e nordés, área mediterránea e Canarias, nunha xornada na que Castelló e Valencia estarán en aviso amarelo por precipitacións.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), este 1 de abril amencerá con intervalos nubrados e nebulosidade de evolución diúrna en boa parte do estado, con probabilidade de choivas e chuvascos en zonas da metade sur e nordés peninsulares, área mediterránea e illas de maior relevo en Canarias.
As choivas poderán ser de certa intensidade e persistencia no centro e norte da Comunidade Valenciana, e con treboadas no sur peninsular e sur de Galicia. De maneira máis débil e dispersa, tamén se esperan en puntos de áreas montañosas do noroeste peninsular.
Durante este primeiro día de abril, a cota de neve será de entre 1.500 e 1.800 metros en Pireneos, e superiores a 1800 metros no resto.
Con respecto ás temperaturas, as diúrnas experimentarán un ascenso no este peninsular, que será máis acusado o sueste, e producirase un descenso no resto de zonas. As temperaturas nocturnas subirán no nordés da Península. Tamén se esperan ventos de compoñente leste na zona de Levante e Baleares; do oeste no litoral andaluz; do nordés no litoral galego; e frouxos variables no resto do país.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.