EI e Máis Galiza únense nas súas críticas á UPG

Denuncian "manipulación" e "intoxicación" informativa. O Encontro Irmandiño vai máis alá e pide a dimisión do xefe e da secretaria de Comunicación da formación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2011 | Actualizada ás 00:58

Comparte esta noticia

Había tempo que o Encontro Irmandiño e Máis Galiza non coincidían tan decididamente na súa oposición á dirección do BNG, que está, case principalmente, en mans da UPG. Fixérono o pasado sábado no Consello Nacional ao criticar a perda de 30.000 votos con respecto ás pasadas xerais e volveron a coincidir este luns ao denunciar a política de comunicación da formación frontista.

Máis Galiza decidiu ausentarse da Executiva nacionalista en protesta pola política informativa que desenvolve a dirección de comunicación do BNG e, especialmente, tras a imaxe que desde parte da dirección frontista se trasladou aos medios de comunicación ao asegurar que Guillerme Vázquez fora "respaldado por unanimidade", cando a súa decisión de poñer o seu cargo a disposición do Consello Nacional non foi sometida a ningún tipo de votación.

None

Contundencia de EI

Máis contundente foi a medida do EI que pediu directamente o cese de Xosé Mexuto, xefe de Comunicación do BNG, e de Rosana Pérez, a Secretaria de Comunicación da Executiva por ser a "súa responsabilidade directa estas manipulacións".

A formación que dirixe Beiras remitiu un comunicado á Executiva na que amosa o seu "máis profundo desagrado e repulsa" pola comunicación que fixo o Gabinete de prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do pasado sábado. Unha manipulación informativa, apuntan, que forma parte dunha estratexia da UPG para "buscar a ruptura da fronte".

Non é a primeira vez que os colectivos internos do BNG critican a política informativa do BNG e, sobre todo, a súa "manipulación en prol da UPG". Un feito, din, que se pode ver, especialmente, na páxina web do Bloque e nos distintos boletíns informativos.

Este foi o comunicado remitido este luns por EI:

Á atención do Portavoz Nacional e da Comisión Executiva:

O Encontro Irmandiño quero transmitirvos o noso máis profundo desagrado e repulsa pola comunicación feita desde o Gabinete de Prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do sábado 26, trasladando un asentimento unánime sobre un presunto aval ao Portavoz Nacional que en ningún momento foi suscitado nin outorgado.

A gravidade dos feitos obríganos a solicitar formalmente a reprobación e destitución do Xefe do Gabinete, por ser a súa responsabilidade directa estas manipulacións, e a dimisión ou destitución da Secretaria de Comunicación por ser da súa responsabilidade política.

Feitos coma este son os que veñen demostrar unha vez máis a parcialidade dos servizos da Sede Nacional a favor da UPG e convéncenos aínda máis de que hai quen dende dentro do BNG so está buscando a ruptura da fronte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

16 Nonentendo

Cada vez entendo menos, Beiras decía que non habia que botarlle ao Bloque porque non lle gustaba como facía Quintana e os quintanistas coinciden con el?

1 Hambrosio

é chistoso ver como a UPG, que ata o o 2009 eran os principais defensores do quintanismo, se desentenden agora. Como se daquelas non controlosen aínda máis ca hoxe o BNG!

15 Luguês

Dever primeiro de todo patriota é conhecer bem a sua língua. (Álvaro Cunqueiro). Aprendei umha normativa (RAG ou AGAL) e isto para todo o mundo. Mas eu duvido do vosso patriotismo.

1 Antón

se o di un patriota da Falanxe como Cunqueiro....dillo os de Ortigueira.

14 Lobo

Xa teño a solucion `pro BNg, seguro a moitos tertulianos lles vai molar. Presi e director de imaxe. Beiras Vice e responsable de cutura: T.T. (Teresiña Taboas) Responsables Financieiro: Mario Rico, e queda na oposicion constructiva a UPG que tal?

1 Galeguista

Que va Lobo, que todo siga igual, que non se mova nada, que os responsables e traballadores do BNg sexan os mesmos que fai 20 anos, e se algún se xubila malo será que non haxa algún Abraira, Aboi ou demais afín a UPG coa suficiente "galeguidade" precisa e "calidade" moral para relevalo. Se estamos coma nunca, en forma, preparados para botarlle unha carreira a calquera que se poña por diante....

13 León Gallego

¡¡Cómo disfruto viendo a estos comunistas, izquierdosos y nazionalistas discutiendo entre ellos como putas hartas de caldo! Que si Beiras, que si Benito Lobera, que si el Aymerich (¿por qué non galeguiza o seu apelido e pasa a chamarse Aymerichiño?). Con estos nunca se sabe que pasado nos espera, porque futuro, lo que se dice futuro... ná de ná. Un saudiño.

1 Xavou

e cando repartiron os cerebros.... ti onde estabas?

2 Germán

Home, a ti cando repartiron os cerebros quedaches co do novo Frankenstein. Como roubaron o Codice Calixtino e ti todavía andas cos cadernos de Rubio non sabes que o apelido Aymerich ten a súa primeira conotación con Galicia ao ser o primeiro peregrino do que se ten constancia. Tampouco saberás nada de historia industrial de Galicia e a influencia dos empresarios cataláns no crecemento da salazón e conservas nas rías baixas. Claro, o teu problema é que "eres simple". E eu non me galeguizo porque non me sae dos collóns, pero Carlos o ten galeguizado... dise Aymerich (en galego, castelán, catalán e euskaro). Dado que o ten galeguizado agora entendo que o que pasa é que és un iñorante. Burriño, que non león.

12 un afin á U

O problema e un so, a UPG, grande e único mal do BNG. Se a maioría da militancia do BNG, apoia, apoiamos, as teses defendidas pola U xa non somos independentes, somos afíns á U. O conto xa cheira. O outro 45%, son os posuidores da verdade absoluta. Pouco importa que +G deixe a EI fora da executiva, sempre se poñerán de acordo no obxectivo común, combater á UPG. Que mais da, no consello nacional a U non ten maioría, pero o rendíbel e falar nos medios, ou parece, o que xa non teño claro son so obxectivos de tanto ataque ao BNG, porque a día de hoxe a UPG e os afíns seguimos sendo tan BNG coma +G e EI, ou iso penso. En xaneiro se a maioría do BNG considera que estabamos errados que fale, e que vote, e onde toca falar.

1 Manuel P.

Si si, como dixo Bieito Borrokas: "aquí hai dúas posibilidades, ou marchdades ou botámosvos". Pero calro os da UPG son persoas moi clarividentes, tolerantes e dialogantes....Veña home, remítome a un dito "cando o río sona.... aló menos un rego haberá, máis eu creo que se trata dunha torrente"