Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 07/04/2019 | Actualizada ás 12:00
Para expresarmos que en todas as partes existen problemas ou circunstancias negativas, e que non hai sitio ningún que se libre deles, en castelán é moi habitual escoitar a paremia en todas partes cuecen habas. Polo que atangue ó idioma galego, temos paremias de noso que dan conta tamén deste mesmo significado. Vexamos algunhas:
En todas partes cuecen habas
{= Expresión con que se indica que en todos os lados teñen as súas, e que dos problemas e adversidades ninguén se zafa.}
En toda (a) terra espiga o pan && En todas (as) partes espiga o pan
En todas (as) partes hai cans descalzos
En todas (as) partes hai pícaros descalzos
En todas (as) partes erguen e baixan
En todas (as) partes hai qué ver
Ex.: Tras combatir la delincuencia en la capital durante más de veinte años pidió el traslado a un pueblo, pensando que ya era hora de vivir con sosiego y tranquilidad... pero no tardó mucho en comprender que en todas partes cuecen habas.
Tras combater a delincuencia na capital durante máis de vinte anos pediu o traslado a unha vila, pensando que xa era hora de vivir con acougo e tranquilidade... pero non tardou moito en comprender que en toda (a) terra espiga o pan # que en todas partes hai cans descalzos # que en todas partes hai pícaros descalzos # que en todas partes erguen e baixan # que en todas as partes hai qué ver.
● Tamén:
En todas (as) partes cocen fabas
En todas (as) partes cocen pan
En todas (as) partes hai fabas que mondar
En todo lugar hai fabas que tostar # que torrar
● Tamén:
Todo el mundo es país
Toda a terra é país && Toda a terra é unha
Ex.: Tras combater a delincuencia na capital durante máis de vinte anos pediu o traslado a unha vila, pensando que xa era hora de vivir con acougo e tranquilidade... pero non tardou moito en comprender que en todas (as) partes cocen fabas # que en todas (as) partes hai fabas que mondar # que en todas partes hai fabas que tostar # que toda a terra é país # que toda a terra é unha.
● Tamén:
En todas partes cuecen habas, y en algunas a calderadas
En todas (as) partes cocen fabas, e nalgunhas a caldeiradas # e nalgunhas ás caldeiradas
● E inda, probablemente asociada a contextos de uso máis familiares:
En todas (as) partes hai roedores de cañotos
● E mesmo, máis ou menos axeitadas en función dos contextos:
Chove para todos && “Todos aramos”; dixo Balboa && De aquí ó mar todo é terra
[GARDANDO CERTA RELACIÓN, INDA QUE NON HABITUALMENTE INTERCAMBIABLES COAS ANTERIORES, EXISTEN TAMÉN AS SEGUINTES PAREMIAS]:
● Nunha liña semellante, mais só en certos casos, na medida en que adoitan indicar que sempre vai haber contratempos ou que toda persoa, contexto, situación ou lugar que poden parecer bos e positivos teñen algún punto negativo ou poden presentar os seus problemas:
En todas partes tiene cada semana su martes && [E, PARECIDO]: Por doquiera hay su legua de mal camino && En cada legua hay un pedazo de mal camino && Por doquiera hay su legua de mal camino && A cada cabo hay tres leguas de mal quebranto && No hay camino tan llano que no tenga algún tropezón o barranco && Nunca ha faltar unha legua de mal camiño && A
En todas (as) partes cada semana ten o seu martes # toda semana ten o seu martes && [E, PARECIDO]: En todas (as) partes hai un anaco de mal camiño && No mellor carreiro nunca falta algún lameiro && O mellor sendeiro ten o seu bulleiro
● Nun sentido parecido, como paremias que igualan o que acontece en todas as partes ó dar a entender que en todos os sitios hai cousas boas e malas:
Buenas y malas artes hay en todas partes
En todas (as) partes hai bo e malo # hai de todo
NOTAS:
1. Na totalidade das paremias reflectidas, a locución “en todas (as) partes” é susceptible de ser substituída por “en todos (os) sitios” ou “en todos (os) lados”.
2. Nótese que nos decidimos por acentuar a partícula qué (partícula en principio tónica na oralidade) na locución en todas partes hai qué ver, malia que tamén sería posible a súa grafía sen acento.
A este respecto, lembremos que a regra xeral é que as partículas interrogativas e exclamativas non leven acento en galego, a non ser en casos de posible anfiboloxía ou ambigüidade (así, as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego din: «Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando introducen interrogativas indirectas (pregúntalle cando volve, pregúntalle onde está, preguntoulle cal quería), agás cando for preciso para evitar posibles anfiboloxías: dille qué queres, / dille que queres, xa sabes qué hai? / xa sabes que hai?, xa sabes cánto lle custou / xa sabes canto lle custou etc.»). Pois ben, nós entendemos que aquí poderiamos estar ante un deses casos, sen prexuízo de que o máis normal sería que practicamente todo o mundo entendese que o que se quere manifestar é a segunda das posibilidades significativas que a seguir discriminamos: en todas partes hai que ver (=en todas partes cómpre ver, en todas partes é necesario ver) VS. hai qué ver (=en todas partes hai cousas que ver –con ese que, ademais, que en principio, ou en orixe, sería tónico na oralidade–).
3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Buján Otero, Patricia & Ferro Ruibal, Xesús & Paz Roca, Mª Carmen & Rodríguez Añón, Marta & Vidal Castiñeira, Ana: “Refraneiro do Seminario de Santiago (1947-1958)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 173-343. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Castelo Santaballa, Lela & Quintairos-Soliño, Alba: “Tras deste tempo, tempo vén. A fraseoloxía de Xermade”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 22, 2020, páxs. 195-229. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 441-462. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993
- Irmandades da Fala: Vocabulario Castellano-Gallego de las Irmandades da Fala. Imprenta Moret-Galera, 48, A Coruña 1933.
- Luaces Pardo, Narciso: “Ditos e refráns recollidos na comarca do Ortegal”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 439-453. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
- Paz Roca, Mª Carmen: “Aportazón ao refraneiro. Coleición de refrás recollidos da tradizón oral por Lois Carré (1898-1965)”. Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 129-141. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Pereira Ginet, Tomás: “Fiando paremias (I): glosario paremiolóxico multilingüe galego, portugués, castelán, francés, italiano e inglés”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 191-223. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Requeixo Cuba, Armando: “Sobre fraseoloxía galega: algunhas mostras da área mindoniense”. Cadernos de Lingua, 9, 1994, páxs. 89-110. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.
- VV.AA.: Refráns e ditos da Ulla. Obra á que no seu día se accedeu a través de Internet, e que hoxe en día non se atopa dispoñible.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.